Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

55 mentiras sobre a lingua
"Fóra prexuízos, falsas teses de imposición lingüística, fóra tópicos. A plataforma Prolingua presentará o vindeiro venres 5 de febreiro o libro '55 mentiras sobre a lingua galega'. A publicación, coordinada polo profesor Xosé Henrique Costas, pretende ser un argumentario sinxelo e clarificador, ao tempo que sólido e rigoroso, que axude a sociedade galega a comprender e superar aquelas valoracións e interpretacións subxectivas, ideoloxizadas desde unha óptica exclusivamente partidista, erróneas ou perversas que perseguen o obxectivo de actuaren de freo ao camiño da necesaria reposición e normalización de usos para a lingua galega no seo da súa sociedade.?

Pero un dos aspectos máis chamativos da presentación do 5 de febreiro e que se fará de xeito simultáneo en máis de medio cento de cidades e vilas de Galiza e do estranxeiro. Así, á mesma hora, diferentes persoas encargaranse de dar a coñecer a publicación nas principais cabezas de comarca do país; en cinco localidades do Estado Español (Ponferrada, Madrid, Barcelona, Gasteiz e Trintxerpe). O libro tamén se dará a coñecer esa mesmas xornada en Tübingen, Bos Aires, Lisboa, Tel Aviv, Nova York, Bethelem, Nablús, París, Saraievo, Londres, Bruxelas e Copenhague."

En Pontevedra será na Galería Sargadelos (ás 20,30 h) , r/Oliva.

Engádese o 1º comentario:

A comarca do Morrazo sumarase mañá venres 5 de febreiro ás presentacións mundiais do libro '55 mentiras sobre a lingua galega' elaborado pola plataforma en defensa do noso idioma ProLingua. O acto terá lugar ás 20.30 horas no Auditorio Municipal de Cangas, no Centro Cultural Daniel Castelao de Moaña e mais no Museo Massó de Bueu, onde intervirá a poeta Lucía Novas.
Categoría: Galego - Publicado o 04-02-2010 08:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0