Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Que aconteceu o 23 de febreiro?
Xa sei que esta data nos recorda ó fallido intento de golpe de estado, pero aquí eu refírome a outro gran golpe, o que se lle deu despois dese día a lingua galega, cambiando o que se dixo polo que algúns están a dicir agora. Podes consultar no xornal o País o que aconteceu no artigo "Del avance a la imposición.

En menos do que canta un galo, o decreto do galego agora vixente, o 124, pasou de ser un avance a ser unha imposición.

Esta nova tamén a recolle no primeiro destes vídeos Carlos Callón, o representante da Mesa pola Normalización Lingüística.
O resumo é que o 23 de febreiro o noso governo dixo "digo" e despois pasou a dicir "Diego". Para aqueles que non me entendan, este governo insiste que o decreto vixente do galego, o 124, non foi consesuado, e resulta que existen declaracións imaxes onde xa cando practicamente estaba todo pactado, de súpeto, chega unha orde, de Madrid?, de non aprobar o decreto. Sería por iso de dicir non a todo?

Recollemos do artigo a declaración do noso presidente no periódico intereconomía: "Hemos hecho unas bases, un documento abierto, lo contrario que el anterior, que se impuso sin consultar a nadie"

A hemeroteca ten estas cousas. Hai datas que se van converter nun pesadelo, por exemplo esta última do
21 de xaneiro de 2010. Non si?

Os vídeos son do programa O Faladoiro da TVG. No programa tamén se poden ver as posicións sobre as bases do decreto do plurilingüismo das Federacións de ANPAS, tanto concertadas como públicas, da asociación de Galicia Bilingüé, e as da Mesa Pola Normalización Lingüística.


Categoría: Política - Publicado o 24-01-2010 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0