Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O CUPÓN ROTO
Non se trata do fermoso conto que con este mesmo título escribiu León Tolstoy. Non, señor. Trátase do procedemento que usaban os capitostes do franquismo para lograr que fora xente ás manifestacións de adhesión ao réxime.

Os xefes dos sindicatos controlados pola Falanxe, entregan aos delegados de fábricas, talleres, oficinas e demais, un cupón roto co nome de cada obreiro, ás súas ordes e unha longa numeración. A metade do cupón dáselle ao individuo e a outra metade quédaselle o xefe. O obreiro ou empregado debe recuperar o resto do cupón na manifestación, como testemuño de que concorreu a ela. Se ao día seguinte non o presentaba cos dous anacos, era automaticamente privado do seu racionamento, no mellor dos casos; no peor, ía ao cárcere ou se lle excluía das listas de traballo.

Así eran de espontáneas? as manifestacións de adhesión ao réxime de Franco en España.


Fonte de Suárez Picallo en A.C. Irmáns Suárez Picallo
Categoría: Historia xeral - Publicado o 12-12-2009 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -