Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OVELLAS ELÉCTRICAS.
Un artigo redactado por Vicente Verdú móstranos dúas competicións xadrecistas: A primeira é unha partida entre a Deep Junior e Kásparov. Kásparov é unha máquina liviá que conta con recursos profesionais á hora de xogar ao xadrez, pode calcular seis millóns de posicións por segundo, ten visión para anticipar as estampas do taboleiro así como capacidade para ponderar o valor dun alfil ou dun cabalo en función da escena concreta que marca a partida, é dicir unha máquina humana, que perdeu fronte á Deep Blue, unha máquina que pesaba unha tonelada e media composta de máis de 400 procesadores que xamáis vacilaban, con capacidade de calcular unhas oitentecinco millóns de posicións por segundo. A segunda competición foi moito antes, na época de Napoleón, cando este perdeu contra un robot tocado cun turbante chamado o Turco nunha partida de xadrez.

Estas dúas competicións teñen en común unha cousa: o humano perde fronte a unha máquina. Non obstante as reaccións foron diferentes: mentres Kásparov ou outro xadrecista actual incúlpanse do seu fracaso ante a máquina a Napoleón pareceulle inconcebible que o mecano o vencera.

Na actualidade os humanos aceptamos ser inferiores ás máquinas intelixentes, capaces de traducir, falar, ler? que incluso senten e deciden por si mesmas. ?As máquinas- segue dicindo o artigo- permanecen espertas mentres nós durmimos, seguen lúcidas cando nos ofuscamos, oriéntannos para chegar ao destino, para superar as depresións ou o insomnio, para deter o coche ou para asar a carne?. ?Son serventes pero, pouco a pouco, seres queridos?. En vista disto podemos preguntarnos o mesmo que se preguntou Philip K. Dick ?Soñan os androides con ovellas eléctricas??.

Con todo, as ovellas eléctricas, as Deep Junior, as Deep Blue, os cerebros elctrónicos e a intelixencia robótica que inunda a sociedade actual (sobre todo en Xapón) seguen envidiando o enxeño de Kásparov e de Vladímir Krámnik.
Categoría: Curiosidades - Publicado o 16-11-2009 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0