Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O graduado de Harvad
Un home de negocios norteamericano estaba no embarcadoiro dunha aldea costeira de México cando chegou unha barca cun só tripulante e varios ATUNES moi grandes.

O norteamericano felicitou ao mexicano pola calidade do peixe e preguntoulle canto tempo tardara en pescalo.
O mexicano replicou: Oh! Nun intre..
Entón o norteamericano preguntoulle por que non se quedou máis tempo para coller máis peixes. O mexicano dixo que xa tiña suficiente para as necesidades da súa familia.
O norteamericano volveu preguntar:
E que fai vostede entón co resto do seu tempo?
- O mexicano contestou: - Durmo ata tarde, pesco un pouco, xogo cos meus fillos, durmo a sesta coa miña muller, vou cada tarde ao pobo a tomar unhas copas e a tocar a guitarra cos amigos. Teño unha vida plena e ocupada, señor.
- O norteamericano dixo con ton burlón:
- Son un graduado de Harvard e poderíalle botar unha man. Debería dedicar máis tempo á pesca e coas ganancias comprar unha barca máis grande.
Cos beneficios que lle reportaría unha barca máis grande, podería comprar varias barcas. Co tempo, podería facerse cunha flotilla de barcas de pesca.
No canto de vender a súa captura a un intermediado, poderíalla vender ao almacenista; ata podería chegar a ter a súa propia fábrica de conservas.
Controlaría o produto, o proceso industrial e a comercialización.
Tería que irse desta aldea e mudarse a Cidade de México, logo a Os Ánxeles
e finalmente a Nova York, onde dirixiría a súa propia empresa en expansión.

- Pero señor, canto tempo tardaría todo iso?
- De quince a vinte anos.
- E logo que?
- O norteamericano soltou unha gargallada e dixo que iso era a mellor parte:

- Cando chegue o momento oportuno, pode vender a empresa en bolsa e facerse moi rico. Gañaría millóns.
- Millóns, señor? E logo que?
- Logo poderíase retirar. Irse a un pequeno pobo costeiro onde podería durmir ata tarde, pescar un pouco, xogar cos seus netos, facer a sesta coa súa muller e irse de paseo ao pobo polas tardes a tomar unhas copas e tocar a guitarra cos seus amigos.
Bo, pero iso é o que fago agora señor Por que teño que esperar vinte anos?
Categoría: Contos, lendas, poesía - Publicado o 07-11-2009 08:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0