Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A sementeira agromará nas primaveras
No artigo de Carlos Blanco, "Resumo da Política Lingüística do 2009", recibín un comentario, de Carlos Villaverde Pereiras, no cal concordo plenamente e tamén manteño esa esperanza. Di o seguinte:

" Somos animais que, entre outras cousas, emitimos sons pra nos comunicar. ou pra tentalo.
Emitimos e recivimos, codificando e descodificando dun xeito aprehendido, natural. A escola debería non máis reafirmar dito proceso de aprendizaxe.
No caso da Galiza, cun código propio e particular, vivo a pesares das feridas impostas, velhas e recentes, resultado de ataques coa, de momento, fracasada pretensión de reducir ata eliminar ese noso código propio, diferente e único.
Agresións en forma de ignoranza, desprezo, marxinación, discriminación, negación e asovallamentos varios e variados.
Outras linguas deasapareceron por imposicións alleas.
Sorprendentemente, dun xeito natural, políticas e danos sofridos aparte, o galego resiste.
As linguas serven pra expresar a existencia nun medio, pra interpretar a realidade vivida.
Son froito dun lugar, das súas xentes, do seu pasado, do clima, da terra, da historia e da súa particular cultura
Todas son maravillosas entre outras cousas porque cada unha aporta os seus matices a hora de interpretar o mundo dende cada experiencia particualr.
Perder unha lingua e perder eses matices únicos, riqueza de conhecemento propio, mais tamén gloval e común.
Defender o galego é defender a nosa liberdade e dignidade, coma seres vivos,e coma povo.
Mais tamén, ao mesmo tempo, implica defender a liberdade de dignidade humanas.
Contra as longas noites de pedra, a sementeira agromará nas primaveras.
Con amor e orgulho.
En galego, na Galiza e no mundo"
Categoría: Opinión - Publicado o 01-11-2009 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0