Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Historia de Rosa Park
Agustín Fernández Paz, na inaguración da Plataforma Prolingua, falou de Rosa Park, unha muller que se cansou de ceder continuamente ante as inxustizas racistas. Aquí vos deixo a súa historia.

Estados Unidos, o paradigma da igualdade entre as persoas, non sempre foi así. Non o é na actualidade... e moito menos fai uns anos, cando os negros tiñan que pór na parte traseira dos autobuses, e levantarse do seu asento se chegaba un branco e quería sentar alí...

En 1955, Rosa Parks tiña 42 anos. Afroamericana, natural de Montgomery, Alabama, e filla dun carpinteiro e unha mestra de escola. De profesión, costureira. Pero ademais, secretaria e axudante na Asociación Nacional para o Avance do Pobo de Cor.

Naqueles anos, os negros sufrían en EEUU a humillación -especialmente no sur- de non poder compartir cos brancos os mesmos lugares públicos: escolas, restaurantes, salas de espera... a segregación chegaba ao momento de que nos baños mostrábanse letreiros de "só brancos" ou, directamente, "negros non". As leis Jim Crow, herdadas da escravitude do século XIX, foron deseñadas para que os afroamericanos se sentísense inferiores e así mantelos marxinados da sociedade.

Pero xente como Rosa Parks tiña claro que as cousas podían cambiar. O 1 de decembro de 1955, colleu un autobús público para volver á súa casa. Por entón, os vehículos estaban sinalizados cunha liña: os brancos adiante e os negros detrás. Así, a xente de cor subía ao autobús, pagaba ao chofer, baixábase e subía de novo pola porta traseira.

Parks sentou nos asentos do medio, que podían usar os negros se ningún branco o requiría. Cando se encheu esa parte, o chofer ordenoulle, xunto a outros tres negros, que cedesen os seus lugares a un mozo branco que acababan de subir. "Este nin sequera pedira o asento", dixo despois Parks nunha entrevista á BBC. Os outros levantáronse, pero ela permaneceu inmóbil.

O chofer tratou de disuadila. Debía ceder o seu asento, é o que marcaba a lei. "Vou facer que che arresten", díxolle o chofer. "Pode facelo", respondeu ela. Cando a policía lle preguntou que por que non se levantaba, contestou con outra pregunta: "Por que todos vostedes están empuxándonos por tódolos lados?".

"Mentres máis obedeciamos, peor nos trataban", asegura Parks nas súas memorias. "Aquel día estaba fatigada e cansa. Farta de ceder". Polo lance do autobús, Rosa Parks pasou a noite no calabozo, acusada de perturbar a orde pública e pagou unha multa de catorce dólares. Con todo, o caso transcendeu e acabou por dar voz aos movementos polo fin da segregación que xa comezaran a facerse notar.

Indignado e farto, un mozo e descoñecido pastor bautista chamado Martin Luther King organizou unha onda de protestas contra a segregación nos autobuses públicos de Montgomery que durou 382 días. Os trinta mil afroamericanos que participaron fixeron marchas de ata nove quilómetros, e cando lles preguntaban como se sentían, algúns respondían: "Os meus pés, cansados. A miña alma, ¡liberada!".

Mentres, o caso Parks chegou á Corte Suprema do país, que declarou que a segregación era unha norma contraria á constitución estadounidense, que declara iguais a todos os individuos da nación. Un ano despois, o goberno aboliu calquera tipo de discriminación nos lugares públicos.
Parks, que faleceu en 2005 aos 92 anos, continuou loitando durante o resto da súa vida polos dereitos civís dos afroamericanos. En 1999, recibiu a Medalla de Ouro do Congreso dos EEUU. Por certo, a foto superior é dela, da propia Rosa, no autobús que habitualmente utilizaba para desprazarse.

Espero que che gustara a historia de Rosa Parks, non cres?... e sobre todo que ogallá nunca tivese que ser noticia algo así, porque significaría que por fin se mira ás persoas polo seu interior, e non pola cor da súa pel.
Categoría: Historia xeral - Publicado o 06-10-2009 16:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -