Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Himno de Poio
Aquí tedes a música e a letra do Himno de Poio. Concello este de Pontevedra, no corazón das Rías Baixas. Temos tamén a versión do himno cantada polos nen@s do Ceip da Seca, Isidora Riestra, na parroquia de San Xoán.



HIMNO DE POIO


Miña nai, miña terra, o meu fogar,
iso é todo o que eu máis quero
se non estás preto estráñote,
se me falta a túa calor cántoche, Poio

Por ti van as nosas voces, Poio,
terra que invitas a todos a amar,
todo o que de ti recibimos
sempre cho quixeramos dar.

Somos un gran pobo aberto
que diferentes épocas forxou,
entre nós perduran os vestixios
das culturas coas que se formou.

Polo mar gloriosas xestas
que marcan toda unha tradición,
non se pode aínda dubidar
que desta terra sexa Colón.

Miña nai, miña terra, o meu fogar,
iso é todo o que eu máis quero
se non estás preto estráñote,
se me falta a túa calor cántoche, Poio

A beleza de campos e praias
que cara á illa de Tambo están;
compréndese a mística lembranza
de Santa Trahamunda por San Xoán.

Levamos unha gran bandeira
en toda a nosa vida cultural,
e hoxe temos por todo o mundo
un renome sen igual.

Miña nai, miña terra, o meu fogar,
iso é todo o que eu máis quero
se non estás preto estráñote,
se me falta a túa calor cántoche, Poio.


Máis información.
Categoría: Galego - Publicado o 23-05-2009 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0