Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Maio
Xa temos algúns dos refráns deste mes, o mes das flores. O máis coñecido, quizais sexa o de "Ata o 40 de maio non te quites o saio". Non si? Vénnos dicindo que aínda hai que ter coidado, pois hai sol pero non debe un gardar a roupa de inverno.

Se sabes algún refrán que non esté aquí podes colaborar a umentar o repertorio.
Acompañamos estes refráns co a cancion "Ahí vén o maio" de Luis Emilio Batallán.



A auga de maio, non fai dano.
Abril e maio son as chaves do ano.
Ata o corenta de maio non quites o saio.
Ata o corenta de maio, non te quites o saio e, se volve a chover, vólveo a poñer.
Ceo aborregado, auga de contado.
En maio, aínda a vella queima o tallo.
En maio, aínda bebe o boi no prado.
En maio, calquera besta é cabalo.
En maio, de sono me caio.
En maio, sae o polbo do ramaio.
En maio, xa leva cereixas o gaio.
Garda o teu saio, para maio.
Garda pan para maio e leña para todo o ano.
Maio chuvioso, verán caluroso.
Maio longo, San Xoán redondo.
Maio me molla, maio me enxuga, maio me bota na sepultura.
Maio un pouco frío, cría trigo; pero, si é moi frío, nin palla nin trigo.
Maio ventoso, ano fermoso.
Maio ventoso, pró labrego fermoso e pró mariñeiro, penoso
Nin maio sen trebóns, nin home sen calzóns.
No abril di o cuco: vivo; e no maio: revivo.
O mes de maio, pasa coma un raio.
O peixe de maio, a quen cho pida, dállo.
O que en maio se molla, en maio se enxoita
O que o maio rega, o maio seca.
Ovella vella e colmea pobre en maio morre
Polo San Isidro, sementa o teu millo.
Por San Matías (14 maio) iguálanse as noites aos días
Categoría: Ditos, refráns, enredos .. - Publicado o 07-05-2009 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -