Os amig@s do Equipo de Normalización do IES de Breamo no seu blogue
"As Gabarras" , agasalláronme co Selo de Cor Violeta. Se recibir un agasallo sempre é agradable, moito máis cando é de xente que non coñeces pero aprecia o teu traballo, e por suposto, moito máis o é aínda cando está envolto na cor violeta da maxia.
Cóntanme que: ?O Selo Violeta representa as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".
Como temos que cumprir os requisitos para estar envoltos nesta mensaxe de maxia, aquí deixamos as regras para aceptar o Selo Violeta:
- Exhibir o Selo Violeta no blog xunto coas regras.
- Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo.
- Avisárllelo aos indicados, non hai que esquecerse diso!
- Escribir dous poderes máxicos que imaxinaches ter.
Por suposto, eu acepto o Selo Violeta e declaro que para min son Blogues Violeta:
O Refraneiro
Acuática
A Coordinadora de Equipas de Normalización de Ferrol Terra
A Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística
Éme dificil poñer poderes, pero envoltos na cor violeta conque me agasallaron, direi que teño
paciencia e constancia dabondo para seguir loitando por ser un mesmo, e non deixarse deborar pola voráxine das apariencias e das inxustizas; por iso non entendo como un se pode sentir galego renegando da súa lingua.
Nota: (As gabarras son embarcacións de construción sólida, pequenas e de fondo chato, destinadas á carga e descarga nos portos e tamén ao transporte de mercadorías pola costa)