Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Irmáns! En pé! ... Todos a Santiago

Lendo as primeiras declaracións do señor Feijoo sobre o que vai facer co Galego , e por utilizar, na campaña electoral, as palabras que manipuladamente, ou por ignorancia (?) dixo do poema de Ramón Cabanillas, "En pé", e polo que agora nos toca a nós, os que amamos e defendemos o galego, recordar o comentado poema, e poñernos de verdade En pé!. Aquí ímos poñer o poema enteiro, nos só os dous primeiros versos. Este poema que fala de terra asoballada, da bandeira azul e branca, da escravitude, da nosa terra... Recórdolle a ó señor Feijoo que R. Cabanillas foi un dos poetas das irmandades da fala.


En pé!

Irmáns! En pé, sereos,
a limpa frente erguida,
envoltos na brancura
da luz que cai de riba,
o corazón aberto
a toda verba amiga,
e nunha man a fouce
e noutra man a oliva,
arredor da bandeira azul e branca,
arredor da bandeira de Galicia,
cantémo-lo dereito a libre nova vida!

Validos de treidores
a noite da Frouseira
á patria escravizaron
uns reises de Castela
.
Comestas polo tempo,
xa afloxan as cadeas?
Irmáns asoballados
de xentes extranxeiras,
ergámo-la bandeira azul e branca!
e ó pé da enseña da nazón galega
cantémo-lo dereito a libertar a Terra!

Irmáns no amor á Suevia
de lexendaria historia,
en pé! en pé dispostos
a non morrer sin loita!

O día do Medulio
con sangue quente e roxa
mercámo-lo dereito
á libre honrada chouza!


Xa está ó vento a bandeira azul e branca!
A oliva nunha man, a fouce noutra,
berremos alto e forte:
?A nosa terra é nosa!?

Ramón Cabanillas
"Da Terra Asoballada" (1917)


Comunicado dos traballadores gabando o actual sistema do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar


Directores e sindicatos ven inviable as propostas de Feijoo.

Programa de extinción do galego. Manolo Rivas

A "Aula Castelao" rexeita que os pais poidan elixir a lingua, ó igual que non deciden que os fillos aprendan a sumar ... ou a face integrais, digo eu.

Podemos ser competentes en castelán e considerar o galego como a lingua propia de Galicia. José Luis Gómez

Carlos Negreira, insiste, en romper o consenso da Lei de Normalización Lingüística aprobada polo PP hai xa máis de 25 anos, buscando apoios para que o topónimo A Coruña poida ser tamén "La Coruña".... E digo eu, Sanxenxo poderá ser tamen San Ginés, e Pontevedra pois xa postos, Puentevedra.

Non é atacando a cultura e a educación como se dobrega a crise, e "o feito de gañar as eleccións non fai que as mentiras se convertan en verdades" Carlos Callón

Feijoo daralle as costas ás directrices europeas se cumple o que vai dicindo sobre o galego. IES Breamo

Ana Iglesias.Filóloga e especialista en sociolingüística.

O mundo ó revés. Made in Galiza

As cores do galego.

Os predicadores do bilingüísmo son os máis antigaleguistas que existen. Manuel Ferreiro

Ferradura en tránsito

Pretenden prescindir do galego. Marisol López

Bitácora "Enredada"

Bitácora de "Morrocantando"

A columna de Pablo Gamallo

Galicia Política y económica

El voto con botas

Día internaciónal da lingua materna. 21 febreiro

Francisco Rodríguez

Pero que dice o decreto?


A saia da Carolina. Coordin. Equipas Ferrol Terra

AVV A Cutareira

Morte por amabilidade. Antón Losada

Carlos Aymerich

A lingua na infancia e na mocidade urbana. Sechu Sende

Carta aberta para o señor Nuñez Feijoo sobre o novo coche.

Austeridade, honestidade? Cousas que se van sabendo ós poucos:

Prestamo de favor de Citroen

O coche de Feijoo

A Feijoneta. Boedense

Volven as comilonas a Arxentina

Categoría: Galego - Publicado o 07-03-2009 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0