Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O verbo
Un conto de Manuel Lugrís Freire.

O VERBO


Nos tempos en que Zoroastro recibía no ceo do deus Ormuzd ?a palabra de vida?, - seis mil anos denantes do nacemento do noso señor Xesucristo, - había unha comarca fermosa e farturenta, nomeada Anthorque, que lindaba coas augas do mar Caspio.
En ningures, non sendo no occidente da Iberia, podía acharse terra máis deleitosa.
As saudades polos eidos nativos comezaron a xurdir nas almas dos anthorqueses, que vagaban polo paraiso dos persas.
- Señor- , dixéronlle unha vez á Ormuzd, - O ceo que nos donástedes non pode ser mellor; mais nós temos lembranzas feridoras pola doce e doada terra de Anthorque.
Por que, oh Deus, non nos facedes a mercede de axeitar un curruncho deste ceo de maneira que teña os arboredos vizosos, as campiñas ridentes, as augas espellantes e quedas daquelas meigas terras nas que quedaron os nosos corpos mortais?
E Ormuzd víu que aquelo era bo. Mandou chamar ao arquitecto celeste, e fixo un ceo aparte para os anthorqueses.
-Oh, meu Deus Ormuzd, - díxolle o porteiro maior; - podente é a vosa vontade, que comprida será. Mais polo que me toca a min, terei unha grave dificultade. Como ese lugar é tan feiticeiro, tódalas almas que entren cobizarano. De que xeito hei de compoñerme para que non entren nel máis que as almas dos anthorqueses?
E Ormuzd respondeulle:
- Un sinal divino teñen as almas: o verbo, palabra de vida que existía antes da auga, do ceo, da terra e tódolos animais. El distingue as criaturas.Quen non fale o anthorqués non entrará no paraiso.
Quedou convencido o porteiro.
Un día petaron na porta do ceo.
- Quen chama?
- Un anthorqués que quere entrar na parte do ceo que lle corresponde.
- Ti non es anthorqués porque falas o zendo.
- Eu nacín en Anthorque.
- Pois fala entón na túa lingua.
- Non a aprendín porque era fala de sudras.
- Pois daquela non entrarás. O sinal divino do verbo nativo non brilla no teu espíritu.
- E a onde teño que ir entón?
- Ao inferno, que no ceo non poden ser admitidos os desleigados que faltan á lei de Ormuzd.


ASIEUMEDRE
Categoría: Contos, lendas, poesía - Publicado o 29-01-2009 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0