Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XXV Congreso Estatal da Rede de Escolas Asociadas á UNESCO


Este ano o XXV Congreso das Escolas Asociadas Unesco foi en Madrid e o lema escollido "Pasión por educar: o traballo en rede para unha innovación educativa".

Por ser o XXV aniversario estivo con nós, entre outras personalidades, a Coordinadora Internaciónal da Escolas Asociadas, a francesa Lidia Saldari.


Nestes congresos expóñense e compártense os diferentes traballos feitos nas diferentes comunidades autónomas do estado español ó longo do curso tanto polos centros de infantil como de primaria, secundaria ou bacherelato.

Entre os diferentes talleres tamén houbos interesantes conferencias, entre elas, unha de Federico Mayor Zaragoza sobre a importancia da educación e a necesidade de liberdade para poder ser e crear.

No peche do congreso, léronse as conclusións dos diferentes obradoiros e as propostas para o vindeiro curso, e para rematar na Asemblea Xeral foi elixida de novo como Coordinadora Estatal por 4 anos máis Ruffina Moreno. Tamén se aprobou o proxecto presentado polo compañeiro e amigo Xabier Prado, de facer unha plataforma internacional (web), onde cada país tería unha poesía na súa lingua materna apoiada coa linguaxe de signos internacional (Yogote). Esta web estaría acompañada por outras plataformas (blogues, web, ...) para poder meter os demais traballos que faga cada país, escola, ... neste formato (Yogote).

Logo en rogo e preguntas, un compañeiro catalán, xunto cun representante de cada comunidade autónoma con lingua propia, fixo lectura dunha queixa común dos ataques que se están a producir nos últimos anos sobre esta linguas, e que están a crear conflictos co obxectivo de minorizar todas as linguas agás o castelán (español). Xa se fixo en Galicia co famoso decreto do Plurilingüísmo, e estase a facer agora nas outras comunidades (Valencia, Cataluña ...).

De Pontevedra fomos ó Congreso os seguintes centros: IES Pedra da Auga (Ponteareas), co traballo de signos internacionais YOGOTE, IES Pazo da Mercé (As Neves), con "As pesqueiras do Miño" e outros, o IES Seone (Monteporreiro-Pontevedra), con "A ruta do azucre", con "Sargadelos", e tamén, en colaboración co CEIP San Benito de Lérez, co "O Balneario do río Lérez". O CEIP Isidora Riestra, especialmente coa "Conserveira de Lourido", entre outros presentados tamén nun mural. O CEIP Cabanas cos "Muíños da Cancela" xunto con outro mural, e o noso, CEIP Campolongo, cos "Muíños de Auga e a súa importancia económica" dentro da sección de Patrimonio Industrial aberta para esta xornada.

Nas fotos pódense ver, entre outras, algúns dos traballos presentados (ainda faltan algunhas fotos por poñer).

Categoría: UNESCO - Publicado o 08-07-2012 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -