Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Importancia económica do muíño
O muíño era un elemento imprescindible na elaboración do pan, alimento base que para a súa produción monopolizaba a mellor e maior número de terras, nunha agricultura pobre e de autoconsumo. Só decatándose da importancia que o pan tiña daquela poderemos chegar a comprender o que o muíño significaba economicamente.

O pan é a base da mantenza no agro. Con el acompáñanse todas as comidas do día e mesmo ás veces chega a ser, en por si, a única comida cando se vai ao monte ou se traballan as leiras. Toda a economía labrega xira arredor do cultivo das materias primas, o millo e mailo centeo. O millo plantábase na práctica totalidade das herdades, contrastando cunha minoría en lugares costaneiros, sombrizos ou distantes onde se alternan o centeo, a pataca, a horta, as folgadas e as árbores. Os labores de obtención do pan dende o cultivo á moenda e á elaboración ocupan gran parte do tempo ao longo de todo ano, en especial o das mulleres sobre as que recaen a maioría desta angueiras. Así mesmo as máis das familias víanse na obriga de traballar terra arrendada, co que debían traballar a metade da colleita. Era así que a mesma necesidade do cereal para sobrevivir, dada a nula ou escasa achega doutros recursos ao seo familiar, facía ricos aos posuidores da terra, que podían vivir sen traballar, e escravos dela aos que non tiñan tanta como para fornecer anualmente as súas propias necesidades.

A importancia do pan pónse especialmente de manifesto nun ano de mala colleita de millo, cando o valor do cereal dispoñible aumenta notablemente e aparece a fame. A fame tamén chegou a Galicia durante a posguerra. Tras imposición do racionamento, as familias arrendadoras de terras prefiren agora contratar xornaleiros para explotalas eles mesmos, vendendo despois o gran por bo prezo aos estraperlistas, que o revenden ilegalmente nas vilas a quen ten cartos para mercalo, xa que polo prezo legal pouco se acada. Isto deixou en desamparo amoitas familias, que quedaron sen terras dabondo para cultivar. A fame obriga a cavar e poñer produción parcelas de monte, a moer o millo novo, a podre, landras, e róubanse espigas e mesmo cereal dentro dos muíños herdeiros. O número de indixentes multiplícase, en especial nas vilas e na costa. Moitos, na procura dun medio de vida, recorren ao estraperlo, andan ao xornal, entran de criados pola simple mantenza ou bótanse á emigración. Este que é un dos grandes fenómenos sociais da nosa terra, e quizais o expoñente máximo do papel decisivo que xogaron os cereais, en especial o millo, dentro dunha sociedade como a galega que aa hai ben pouco dependía exclusivamente do agro, dada a serodia e cativa insdustrialización do país. Destexeito o millo, que trala súa chegada viñera miellorar as condicións de vida do labrego provocando un aumento demográfico, é agora en grand mediada o responsable de que moitas persoas embarquen con destino a América, a terra, que séculaos atrás, no dera tan revolucionario cereal.

O millo acada tal importancia que as construcións destinadas a collelo amosan maior refinamento cás propias vivendas e no agro mesmo chega a se converter en divisa coa que se pagan moitos servizos prestados. O millo, e xa que logo o pan, son sacralizados, sendo obxecto en na Galiza de moitas reverencias. As espigas, como unha reminiscencia do pasado pagán, son ofrenda común nos cruceiros, petos de ánimas e santos das igrexas. O pan, pola súa parte, nunca debe ser partido sen antes facer coa man unha cruz no aire sobre a fogaza, nin tampouco debe ser tirado ao lume, pois sería pecado.

Por todo isto, o muíño goza dunha importancia crucial dentra da economía, tanto rural como urbana. No agro case todas as casas teñen parte nun ou varios muíños herdeiros, aos que acoden regularmente para o normal desenvolvemento da súa econmomía de augconsumo. A inutilidade temporal dun destes muíños pón de manifesto a súa relevancia, poi os seus herdeiros fican desamparados, tendo que recorrer á caridade dos veciños ou percorrer grandes distancias para acudiren aos de maquía onde por riba teñen que pagar. Este papel capital fai que o muíño sexa tratado con especial respecto (co muíño non se xoga). Se non está a moer adóitase deixar a chave na porta e polo San Xoán, cando nin veciños nin igrexas se libran de falcatrúas, os muíños non son tocados pois seria unha acción reprobada por toda comunidade.

Nas vilas os muíños teñen aínda unha maior importancia económica, non só porque cómpre satisfacer as necedidades de moitas persoas que non son herdeiras de ningún, senón tamén porque é aquí onde so comercia a maior escala co millo. Arredor das vilas florecen gran cantidade de muíños de maquía, que ademais de atender á moenda dos particulares, dan saída aos excedentes do agro (granxas, pazos ou casais) con destino a panaderías e mesmo moen as importacións de gran doutras terras, reprensentando en ocasións aś únicas industrias da vila.


Muíños de río nas terras de Pontevedra"

Ramiro Barros Justo "
Categoría: Río Gafos - Publicado o 05-06-2012 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -