Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Obradoiro de instrumentos musicais con vexetais





No contorno do río Gafos, coa colaboración da Asociación Vaipolorío, preto da Ponte da Pontesa, e no obradoiro sobre instrumentos musicais con vexetais, dentro do programa "Maio, mes da Lingua", algúns dos compoñentes dos Chichisos aprendéronnos como se fai un carrizo, unhas castañuelas e un reque-reque con canas, un cantagalo cun pau e unha folla de loureiro ou castiñeiro, como se lle pode sacar unhas notas musicais a unha edra, como se fai un bonito asubio cun pau de ameneiro ou sabugueiro ou tamén cun bugallo ou carrabouxo, unha turuta tamén con cana, ou un pallón dunha gaita ... No vídeo pódense escoitar e ver algúns destes instrumentos.

Versión didáctica (cos nomes dos intrumentos e algunhas fotos)

Categoría: Río Gafos - Publicado o 13-05-2012 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -