Juan A.
Chegado o mes de maio,
con flores e sol brillante,
tráenos cada ano
a música ben soante.
Estas cantigas enxebres
que nos enchen de alegría
fan que toda a xente
desfrute neste día
María R. M.
Non me fales da crise
nin da prima de risco
fálame de amores
no mes das flores
Martín
Imos todos á Ferrería
para todos venerar
imos todos con alegría
para os maios contemplar.
Juanjo P. A.
Volven os maios a Pontevedra
este ano en tempos de crises
cos recortes de Rajoy
pero non estamos tristes.
Que todo o mundo se entere,
volven neste mes tan especial
uns fiunchos moi decorados
cunha cor maxistral.
Vestirémolo moi espido
con pampullos e fiuncho,
con ovos e laranxas,
deixarémolo ben cuco.
Non nos chegaban as pontes
para cruzar o río Lérez,
por iso dicidiuse facer
a Pone das Correntes.
Despois de tres anos agardando
todo chega ao seu fin
a nova Ponte das Correntes está aquí
agora si, cruzaremos o Lérez en bici ou patín.
Pablo F. P.
En maio fanse as flores
e os paxaros aniñan
pintan os campos de cores
e as árbores animan.