Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A polémica pancarta xa está no cole
From Pancarta no cole


From Acta Xunta de Persoal


Despois de dar a tabarra por fín temos un documento onde pon claramente (polo menos por escrito) que por parte da XEFATURA DE PERSOAL non houbo ningún tipo de presión para poñer a pancarta. Grazas a este documento agora xa podemos ter a polémica pancarta dentro do colexio. Antes tiñámola que poñer fora.

Por que logo se armou tanto rebumbio e se tivo que pechar o blogue de Normalización lingüística?

Pode ser, eu aínda teño as miñas dúbidas, que un inspector, que seica está agora en Ceuta (por traslado), tomara pola súa conta esa decisión de non deixar poñer a pancarta, pero dende logo non se entende que ese mesmo inspector non dixera nada nos outros centros da súa xurisdición, como por exemplo, o CEIP Villaverde. Coido que hai centos de centros que aínda a teñen.

No acta tamén se fala que no blogue de Normalización quen decide sobre o mesmo é o EDNL, será logo este quen terá que dicir se un artigo é apropiado ou inapropiado. Non si?

Este artigo metino na categoría de paradoxos porque é curioso que unha foto dunha pancarta que fala da defensa do ensino público non se poida meter nun blogue de normalización onde se está a ver como lle están afectando os recortes (máis do 70% en dinamización do galego en dous anos e o que nos espera) e encambio agora témola metida dentro do centro. Sería por que xa pasaron as eleccións?

Falando de recortes, nun claustro xa se falou de se publicar a revista ou non, pois os cartos que están a dar non chegan nin para "pipas". Xa sabemos que a cultura, e a lingua en particular, non é do agrado de moitos dos que nos governan.

A miña pregunta é: Non deberían volver as cousas ó seu rego e deixar que o blogue seguira como antes?


Quizais detrás da pancarta hai algo máis. Se é así estaría ben que se dixera. Non si?


Dende logo unha porta mal pechada, ás veces, dá algún portazo cando se asoma o vento ou cando hai cambios de presión .... atmosférica.
Categoría: Paradoxos - Publicado o 15-04-2012 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0