Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Canto dos paxaros
Deste poema imos intentar adaptalo un pouco e facer unha canción semellante a As árbores da fraga.



Canta o merlo na silveira;

O cuco, no carballal;

O xílgaro, no loureiro;

O paspallás , no trigal…


¡E eu tamén quero cantar...!



Canta o corvo, como el sabe,

Por todo o seu piñeiral,

Na procura da ribeira

Onde poder mariscar…


¡Xa vou romper a cantar..!



Canta o moucho, canta o moucho,
No faiado do casal,

Os amores do veciño

Coa veciña de portal…


¡E eu tamén quero cantar..!



Os gorrións cantan sempre,

Que un ben pode tolear

Con tanto gorrión cantante

Por unha esmola dun gran…



¡Xa vou romper a cantar..!


Sacado de AIREnaEIRA
Categoría: Río Gafos - Publicado o 11-03-2012 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -