Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Que é o PEA da UNESCO?
"Xa que as guerras nacen na mente dos homes, é na mente dos homes e das mulleres onde deben erixirse os baluartes da paz"

(Preámbulo da Constitución da UNESCO).


UNESCO = Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, é un organismo intergubernamental que conta con 189 Estados membros e é unha das axencias especializadas do sistema das Nacións Unidas.
Dende a súa creación, a UNESCO ten como obxectivo "contribuir á paz e á seguridade, estreitando, por mor da educación, a ciencia e a cultura, a colaboración entre as nacións, co fin de asegurar o respecto universal pola xusticia, a lei, os dereitos humanos e as libertades fundamentais".


O Plan de Escolas Asociadas da UNESCO (PEA) é unha rede de Centros de Ensino esparexidos polo mundo que se adhiren aos ideais da UNESCO. O PEA, inaugurado en 1953, promove a educación para a comprensión internacional a fin de preparar aos nenos e aos mozos para afrontar os apremiantes desafíos que se expón á humanidade, no contexto dos recursos do planeta. O Plan está concibido para que produza un efecto multiplicador: a nivel nacional, a incorporación das innovacións do PEA na orientación principal do sistema educativo; a nivel internacional, a difusión da información sobre os resultados do PEA para proveito de todos. O PEA ten unha perspectiva mundial, orientada cara ao futuro e centrada nos valores humanos, de forma que o espazo entre a lousa e o pupitre abarque os horizontes do mundo.

Os catro temas principais de estudo do PEA son:

1. Os problemas mundiais e o papel que desempeña na súa solución o sistema das Nacións Unidas.
2. Dereitos humanos.
3. Outros países e culturas.
4. O home e o seu medio ambiente.


En toda España hai unhas 140 escolas públicas e privadas pertencentes á Rede, a maioría delas en Cataluña , Galicia e Andalucía. No mundo hai preto de 4.000 en 130 países. Para pertencer á Rede de Escolas Asociadas á UNESCO, hai que presentar un proxecto que se aproba en París.

Cada ano hai na primeira semana de Xullo un encontro de catro ou cinco días, no que hai representantes da maioría das escolas de todo o estado, onde se intercambian experiencias e impúlsanse novos proxectos. A nivel galego inténtase facer cada dous anos.

A forma de traballar das escolas é moi diversa. Hai algúns proxectos emblemáticos impulsados desde París, como Liguapax (de Cooperación entre os pobos a partir da aprendizaxe das Linguas), Mediterráneo e Atlántico (de carácter ambiental), Patrimonio Cultural, etc. Recentemente incorporouse con carácter institucional o proxecto a Ruta do esclavo. E outros que parten das propias escolas en función das necesidades, pero sempre na liña de traballo orientada cara a comprensión internacional, a paz e a cooperación e a educación relacionada cos dereitos humanos e as liberdades fundamentais., como di a publicación que a UNESCO dedica á Rede de Escolas.

Proxectos Específicos de Galicia e Portugal.

Proxecto Atlántico


É un proxecto das escolas atlánticas para abordar os problemas de medio ambiente tales como a destrucción das áreas costeiras, a desaparición de especies mariñas, a protección dos acuíferos e humedales. Ó mesmo tempo os estudantes poden apreciar a rica diversidade cultural e entender a ponte de unión que simboliza o Atlántico.


No 2013 celebrarase o 60 aniversario.


Máis

Blog das Escolas Asociadas Unesco Galegas


Categoría: UNESCO - Publicado o 14-02-2012 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0