O río Gafos desemboca na Moureira de Abaixo ou Moureira de Pescadores, tamén coñecida por San Roque, no lugar chamado Corvaceiras. Antigamente había aquí unha fábrica de salazón. Seguramente de ahí ben o seu nome, pois Pontevedra naceu e medrou por estes barrios (Moureira de Arriba, do Medio e de Abaixo), moi ricos nos séculos XIV, XV e XVI. Por aquí entraban barcos de todo o mundo e dende aquí se exportaba o mellor peixe da costa. Foi a cidade galega máis importante daquela, onde se facían barcos nos seus astaleiros. Dise que a carabela Santa María de Cristobal Colón se fixo neles.
No ano 1248, o almirante Paio Gomes Charinho, a sazón trobador, participa na conquista de Sevilla ó goberno dunha nave construída nos astaleiros da Moureira.
A igrexa de Santa María foi pagada cos excedentes da venta de sardiña, polo rico Gremio de Mareantes. Maís adiante tamén houbo un hospital de leprosos, de ahí o nome de río Gafos neste tramo final do río.
O dicionario trae as seguintes acepcións sobre esta palabra. Así tamén o creía Figueira Valverde:
Moureira: 1.Salmoira, auga que solta o peixe e a carne salgados.2. Auga salgada para conservar os alimentos. 3. Lugar onde se salga o peixe.
Calros Solla no seu libro "Andar primeiro de río", fala que este microtopónimo pode vir da forma prerromana
*MOR-R, adoito vencellada coas formacións rochosas e os pedregais. O rueiro da Moureira está construído encol das laxas. Orotopónimo?
Barrio pontevedrés. Pequeno documental.