Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

As árbores da fraga


Nos ríos atopamos diversos biótopos (brañas, fragas ...).Aquí na canción aparecen 16 destas árbores que hai polos ríos galegos, e por suposto, de momento, tamén hai polo noso Río Gafos.

Os rapaces de 5ºA, prepararon coa súa mestra de música (Misi) esta cantiga que podedes escoitar e que fala das "Árbores da fraga".


As árbores da fraga

Estaba o acivro
de garda na fraga,
pasou o carballo
e non lle dixo nada.

Chegou o eucalipto
á porta petar,
o acivro de garda
non o deixou pasar.

Entrou o bidueiro
e máis o salgueiro,
tamén o cerquiño
e o ameneiro.

Pasou o pradairo
seguido do freixo,
tamén a abelaira
e o castiñeiro.

Logo entrou o buxo
e máis a sobreira,
despois veu a faia
xunto coa ulmeira.

-Vaite eucalipto
non insistas máis
que aquí na fraga
non podes entrar.


(Xosé Lois Seixo Fernandez)


Ver partitura da frauta traveseira e do piano

Escoitar a canción co coro do CEIP Pedras latas de Celerio-Viveiro (Lugo)
Categoría: Río Gafos - Publicado o 14-01-2012 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -