A imaxe-texto que ves abaixo foi unha nova censura que tivo estos días un compañeiro dun instituto
no seu blogue. Este non se podía ver nos centros da rede corporativa da Xunta (ten unha categoría chamada "
TramPPas da Xunta"). Dende logo andan un pouco esquizofrénicos. Eu non deixo de estar abraiado, pois están mesturando landras con castañas, ou se o queredes en castelán, churras con merinas. Non se che ocurra falar mal desta xente que axiña podes ter problemas. No seu blogue remata explicando que despois de denunciar o feito as autoridades competentes, e o cabo de tres días, soluciona o problema. Seica foi un "erro automático" dos servizos informáticos. Hai coincidencias que cheiran mal (semella que todo comezou por apoiar a un compañeiro polo problema do
peche por censura do blogue de Dinamización (antes normalización) Lingüística do CEIP Campolongo
(ver comentario 37 do artigo)