Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Carnés Galefas ou Galefás


Fai uns anos, estando eu traballando en Poio, fixemos unha campaña de normalización lingüística con estes carnés. Dábaselle un ó alumnado que o merecía. Tratábase de fomentar a oralidade. Persoalmente penso que tivo o seu efecto. Había que baixar un pouco o listón para dárllelo, pero a cuestión era que funcionaba, todos querían ter un carné ... ou todos.

Como se lle daba o carné?. Deste xeito.

1º Nivel: MOUCHO. O Observador. Colabora nas actividades de Normalización Lingüística. "Fala galego de cando en vez".

2º Nivel:GOLFIÑO.O imitador. Participa nas actividades de Normalización Lingüística. "Fala galego cando outros llo falan".

3º Nivel: DINOSAURO. O enxebre.Colabora e partipa nas actividades de Normalización Lingüística.. Axuda a que outros tamén o falen. "Fala galego sempre ou case sempre".

Parte de atrás dos carnés.

Hoxe recupéroos para este blogue porque a páxina web deste colexio que estiven non sei se durará moito, leva un par de anos parada, e igual deciden facer cambios ... E ás veces, xa sabemos, isto fai que desapareza o que había feito. Eu dende logo, dóulleles as grazas os meus compañeiros por non eliminala, pois sei que teñen que pagar un pouco por mantela. Foi moito o que alí se traballou. Alí comecei esta andaina ciberespacial. Ós poucos vou sacando algunhas cousas para que non se perdan.


Estaría ben que a Consellaría de Educación fixera algo parecido con todos os funcionarios, con sistema de puntos para os concursos de traslados, ou con incentivo económico.

O problema do galego arranxaríase en dúas patadas.

Categoría: Galego - Publicado o 01-11-2011 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0