Nesta data sempre me pasa o mesmo, recordo esta lápida como algo especial:
unha entre catrocentas. Unha luz entre a desfeita, un milagre como ben diría a algunha parte da igrexa.
Eu, este ano xa quedei máis tranquilo, pois asinei públicamente
A MIÑA MANDA TESTAMENTARIA, diante dun notario e algúns "amigos". Poño amigos entre comiñas porque a algúns aínda non coñecéndoos persoalmente, sei que temos os mesmos sentimentos e o mesmo compromiso con todos aqueles que loitaron e loitan para que a nosa terra non perda a súa identidade. Ali estaban Fina Casalderrei, Ana Acuña, Kiko Dasilva, e ... non sei cantos eran en total pero a sala estaba chea, eu penso que máis de 60. Unha boa inciacitiva que decidiu facer a Secretaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.
Artigos relacionados:
Proposta das Derradeiras Vontades.
Os difuntos FALABAN CASTELAO
Un grolo por todos eles.