Hoxe, 21 de setembro, organizouse unha manifestación contra os recortes ó ensino público.
Que están a facer:
- Máis horas de traballo: seica temos que ter as 23 horas co alumnado e 2 de garda. Eles din que son só 2 horas máis e isto é mentira. Son como mínimo 4 ou máis (depende dos casos) que eran as que tiñamos, xunto coas que traballamos na casa, para preparar moitas das cousas que paso a numerar:
Cando se corrixen os exames?, Cando se preparan as clases?, Cando se fala cos compañeiros para dinamizar as clases, o colexio, os proxectos ...? Cando se organiza, actualiza e dinamiza a biblioteca ? Cando se publica nos blogues? Cando se coordina e traballa coas TIC (Novas tecnoloxías). Cando se prepara o Día da Paz, O Magosto, A Semana das Letras Galegas, Os encontros, o Salón do Libro (Pontevedra), os festivais, as saídas educativas...
- Menos profesores e máis burocracia: máis papeleo para os equipos directivos, máis PCC, PEC, máis funcións que nunca foron a nosa obriga (transporte público).
- Habilitacións para todos (todos valemos para todo, se estudas e aprobas por infantil pode que che toque dar clases de música, se estudas educación física podes traballar en PT (pedagoxía terapéutica)... En secundaria as materias afíns son un montón.