Fai uns días saíu na prensa o de que un amigo de Rosa Diez en Vigo, da
UPD, conseguiu que o noso Valedor do Pobo lle fixera caso e "mandara subsanar" un "seica" erro semántico nun texto sobre a lingua propia de Galiza.
Manda truco. No mentado libro (pax. 56)
cando se fala da Constitución tamén se fala do castelán, como lingua de todos os españois. Iso non lle chega nin o da UPD nin o Valedor, pois seica cando se fala das
características de Galicia, e se fala da bandeira, do escudo, e da
lingua propia, pois seica aquí, tamén hai que poñer o matiz español,
a lingua cooficial.
Coido que tiñan que obrigar a poñer a bandeira galega non libros peghadiña a española,
pero ben peghadiña, ou mellor, a bandeira cun
fondo, deste que lle chaman
de auga, unha enriba da outra. O importante é marcar ben o cerco... Non vai a ser que por iso se convertan en
Nacionalistas ós nosos nenos, tal e como dixo o noso Presidente
nesta entrevista.
Artigos relacionados:
Carta ó valedor do pobo
O valedor e desvalimento
Carta da CGENL