Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cando un é positivo pode acontecer que
O fillo que moitas veces non limpa o seu cuarto e que pasa moito tempo vendo a televisión, significa que...
Está na casa!

O desorde que teño que limpar logo dunha festa,
Significa que...
Estivemos rodeados de familiares ou amigos!

As roupas que están apertadas,
Significa que...
Teño máis que suficiente para comer!

O traballo que teño en limpar a casa,
Significa que...
Teño unha casa!


As queixas que escoito do goberno,
Significa que...
Teño liberdade de expresión!

Non atopo estacionamento,
Significa que...
Teño coche!

Os ruídos da cidade,
Significa que...
Podo oír!

O cansazo ao final do día,
Significa que...
Podo traballar!

O espertador que me esperta todas as mañás,
Significa que...
Estou vivo!

Finalmente cando un recibe moitas mensaxes ,
Significa que...
Ten amigos que pensan nun
Categoría: Agradecementos - Publicado o 09-05-2012 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
A Randeeira

Fai un tempo decidín agradecer a aqueles que fan ligazón con Milprimaveras. Hoxe atopei esta. Nela atopei a súa presentación, coa que subcribo practicamente todo o que dí.


Grazas e, "Un grolo pola A Randeeira".

Que é A Randeeira ?

Isto é o blogue persoal de Toño Randeeira. Un blogue crítico e duro cos poderes políticos, sociais, culturais, empresarias, deportivos, relixiosos e ao mesmo tempo sensible con toda esa morea de xente que conforma a Humanidade.

A Randeeira é un espazo libre no que o autor expresase sen ningún tipo de censura nin autocensura pero do mesmo xeito, con rigor e humildade, sabe recibir e publicar todas cantas críticas, constructivas ou destructivas, que axuden a madurar a froita da liberdade que se busca e se pretende neste espazo aberto.

Este non é un sitio nacionalista. Non creo en ningún tipo de nacionalismo porque eu teño moi claro cal a miña nazón, o meu país, a terra que viu nacer e que ogalla me vexa morrer. E ten un nome: Galiza. Non preciso reforzar a miña ideoloxía con máis substantivos nin con máis adxectivos.

Este espazo non é de dereitas, nin de centro, nin de esquerdas. Eu creo nas persoas, nas súas intencións e no seu traballo. Non creo en divisións inventadas por homes políticos que fan traballo de pastores para un montón de ovellas que cren nas súas verbas.

Este é un lugar humanista e polo tanto ateo. Pero non fai militancia antirelixiosa porque cree nos individuos que loitan contra a inxustiza da fame, da guerra, da escravitude, sexan católicos, musulmáns, xudeus, agnósticos, ateos ou adoradores do cocido de Lalín.
Categoría: Agradecementos - Publicado o 11-12-2009 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
Caracocheiras

Xa fai tempo que tiña isto pendiente, foi unha das primeiras bitácoras, que eu saiba, As carococheiras (Asociación Mulleres Rurais A Caracocha) , que meteu a Milprimaveras (Blogue de Nito) como recomendado na súa bitácora. Para elas, e en especial para Amelia, un bicazo.
Categoría: Agradecementos - Publicado o 14-11-2009 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
A.V.V.A. A Cutareira

Na categoría de Agradecementos, están aquelas páxinas web, bloques,... onde Milprimaveras está como Recomendado.

As Milprimaveras de Cunqueiro xermolan por todo O País. Contamos ter a forza suficiente para dar o froito esperado superando as agrestas xeadas que invaden os nosos campos permitindo que aflore a Gripe-B.

Grazas Cutareireiros.
Categoría: Agradecementos - Publicado o 14-11-2009 08:57
# Ligazón permanente a este artigo
Galiesallariz

Non é de interés xeral, pero esta nova quéroa gardar no meu bloque como agradecemento persoal á bitácora Galiesallariz por ter a Milprimaveras entre os seus recomendados.
Arelo seguir compartindo boas novas con todos aqueles que teñan amor á terra e a fala
Como dí Xesús Constela, un grolo por Galiesallariz
Categoría: Agradecementos - Publicado o 28-10-2009 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -