Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

I Xornada de Billarda Escolar en Pontevedra
De I Xornada de Billarda na Alameda


Dentro das actividades programadas no Maio Mes da Lingua de Pontevedra, Os CEIPs de Campañó, Lérez, Salcedo, Xeve e Campolongo protagonizamos, hoxe 30 de marzo de 2012, a primeira xornada escolar de billarda na cidade.
Como agasallo tivemos unha billarda e pasar, como non, un momento innovildable xogando a este xogo que moito xogaban os nosos avós e que semellaba se ía perder.

O xogo foi divertido e competitivo, ó final o noso centro proclamouse campión desta primeira edición. Dicir que tiñamos máis probabilidades de gañar ó levar máis xogadores que os outros colexios.

Noraboa a todos por participar e desfrutar deste evento.


Ver todas as fotos

Clasificación.

Artigos relacionados:

Xogando á billarda (na escola)

O xogo da billarda
Categoría: Xogos Populares - Publicado o 30-05-2012 17:11
# Ligazón permanente a este artigo
Xogando a billarda
6ºA
De Billarda

6ºC
De Billarda


Ver máis fotos.

Artigo relacionado:

O Xogo da Billarda.

Categoría: Xogos Populares - Publicado o 09-05-2012 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
O Xogo da Billarda
De Billarda


No mes de maio, os de ciclo superior, imos practicar o xogo da Billarda no colexio.

Despois, a finais de maio, faremos un encontro con outros centros do Concello de Pontevedra.

O xogo consiste en tratar de chegar coa billarda ata o varal antes co teu contrincante, utilizando para o mesmo golpes que imos dando co palán na billarda, despois de levantala do chan co mesmo, e golpeala posteriormente no aire para enviala cara ao varal.

Se te queres ir poñendo ó día pode clicar nas sequintes ligazóns.

Regras do xogo.

Blogue Oficial da Liga de Billarda do Norleste

Todo LNB

O Varal

Conferencia Salnés

Conferencia Sur


Ver vídeo reportaxe sobre o Xogo.


Sinónimos: Tamén se coñece a billarda cos nomes de estornela (o 2º máis usado), bigarda, bilarda, billa, lipe, lipilape, pincha e outros.

O que se facía antes:

Cando terminaba o xogo, logo de chegar ao número acordado o ganador poñia a billarda no suco e o que perdía tiña que levar a cabalo ao seu rival ata onde chegara a billarda ou estornela, e retornar ao suco co gañador ao lombo. Un bo exemplo a seguir pola súa enxebreza, é o que se recolle na obra cumbre de Eladio Rodríguez López.

A recuperación do xogo da billarda é imparable nos últimos anos non só na Galiza senón tamén noutros lugares do mundo. Hai noticias da súa existencia xa no século XIII na obra de Alfonso X o Sabio e tamén no libro de Apolonio (anónimo).


Ler máis. Un xogo milenario

Artigo relacionado:

Ver as nosas fotos.
Categoría: Xogos Populares - Publicado o 05-04-2012 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
Algunhas fichas de Xogos Populares
A primeira presentación fíxose para uns xogos que se fixeron no curso pasado, nas I Xornadas dos Encontros de Normalización Lingüística. Algúnha ficha repítese nas dúas presentacións.




Categoría: Xogos Populares - Publicado o 26-01-2012 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
SANGUE CALLADO. Xogo

Dentro dos Xogos Populares, temos este xogo con esta canción, "SANGUE CALLADO"

SANGUE CALLADO
de primeira división,
vou ó cemiterio
pra facer a dixestión

Eu vivo nun castelo
e durmo nun sartego
rodeado de esqueletos
de monstros e morcegos.
Categoría: Xogos Populares - Publicado o 04-11-2009 23:55
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -