Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O conto do A Polo Ghit
Sabes o conto do A Polo Ghit?

A Radio Galega tenta sen éxito apropiarse de A Polo Ghit

Vieiros promove en solitario "A Polo Ghit 2010" e pedirá o amparo ao Consello de Administración da CRTVG.

Ler o conto enteiro.

Categoría: Chanchulladas - Publicado o 15-04-2010 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
Obxectividade nos medios

De Varias

Que dirías se che din que as fotos da manifestación de GB foron sacadas o mesmo día e practicamente á mesma hora? Non dan creto teus ollos? Aquí si que podes ver a imaxe dos "Catro ghatos" ("con música"), que armaron o follón do Borrador do Galego.

Pois isto ben a conto porque un fotógrafo internauta quedou abraiado coa foto que sacaran nos medios de comunicación cando a famosa manifestación de Galicia Bilingüe.El estivo vendo pola cámara permanente que hai nas prazas (webcan) e o que viu foi o que non sacaron os medios de comunicación afíns. El explícanos como se poido manipular para que semellara que houbera moita xente. A explicación está no bloque O Chirinhito.


"Se lle fas un zoom a que está sacada dende diante con máis calidade, vese que se poden ver non xa o corpo de moitos dos que están ao fondo, senón tamén as pernas. Se houbera xente de verdade so se verían cabezas.
O truco é moi sinxelo: Xente arredor da praza, que fan de "marco"; uns poucos aglomerados diante, que son os que se ven na foto; e outros poucos facendo que enchen ocos. Nalgunha esquina ata case se poden contar as cabezas."


Ver fotos dunha si grande manifestación
Categoría: Chanchulladas - Publicado o 10-02-2010 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
O galego baixa un 20%
Os orzamentos que a Xunta lle dedicará á Política Lingüística no 2010 sofren un drástico recorte de máis do 20 por cento tanto con respecto ao 2009 como con respecto aos últimos orzamentos do goberno presidido por Fraga no 2005. A Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) considérao un 'moi grave paso atrás que acrecenta a regresión na política lingüística do goberno galego'.

Ver nova na orixe

C
omo non poden usar a guillotina, pasan á estratexia de afogar ós poucos, saben que na inercia capitalista o lobo grande come ó pequeno. O demo non ten corazón pero si cabeza. Axiña sairá a austeridade para xustificar todo. Se nón estiveran a facer outras cousas igual se lle podía crer.
Categoría: Chanchulladas - Publicado o 24-10-2009 07:27
# Ligazón permanente a este artigo
Intereconomía. Manipulación


Serán mintireiros. Perdoade a expresión, pero foi o primeiro que me veu a cabeza: Capalos era pouco!
Categoría: Chanchulladas - Publicado o 20-10-2009 00:22
# Ligazón permanente a este artigo
Os de luvas brancas
Se clicas na seguinte ligazón poderás ler un artigo publicado no xornal "El Periódico" sobre algo que case todos soubemos e sabemos, pero que ós impolutos negan sempre públicamente.

"El PP gallego pagó en dinero negro 3,2 millones de euros"


Terán algo que dicir sobre estas novas
Categoría: Chanchulladas - Publicado o 04-10-2009 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -