Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Canción contra o decreto do plurilingüismo valenciano
Igual que fixeron na Galiza están a facer en Valencia e logo, intentarano en Cataluña. Alí vano ter máis cru. Non sei como se pode vender o modelo galego cando é totalmente un fracaso. Cantos nenos falan o galego como lingua vehicular? Hai esperanzas de que aumenten con este modelo? Na nosa escola, como en moitas, non hai ninguèn, non o saben falar, non teñen ningunha soltura. Os poucos galego falantes ó chegar a escola, en menos de 3 meses xa comezan a escarallarse, porque hai moi pouca sensibilidade, ensínase unha materia en galego e logo nada máis, todo o que hai máis alá dunha clase de malamente 50 minutos, é en castelán.
Como se pode dignificar unha lingua desta maneira?

Por que atacan ó modelo catalán cando se está a demostrar que a inmersión lingüística nos primeiros anos garante perfectamente a convivencia nas dúas lingüas?


Queren que fagamos o que dicía un expresidente, falar a lingua materna na intimidade.
Dende logo da pena o que están a facer, e todo por decreto, sen ter o consenso de ninguén, agás eles. Son uns fenómenos.

Un grolo por este precioso vídeo:



Letra en Galego, Valenciano e Castelán


Categoría: Ensino - Publicado o 09-07-2012 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
A revista escolar salvouse grazas a ANPA

Este ano os recortes, como xa se viñan anunciando, foron determinantes, de contar o noso centro con máis de 2.000 € para Normalización Lingüística noutros tempos, pasamos a 300 € este ano, case nada. Recordamos que no noso centro (CEIP Campolongo), conta con máis de 530 alumnos).
Xa antes pouco máis daba que facer só a revista escolar, pois agora como se soe dicir, nin para pipas, pero xa se sabe que o da cultura ... non vende moito.

De todos xeitos, nós, no noso centro tivemos sorte, a ANPA, asumiu todo o gasto e poidemos facela en papel impreso, pois a única opción que tiñamos prácticamente era facela só en formato dixital.


Ver a revista en formato dixital
Categoría: Ensino - Publicado o 01-07-2012 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Os edificios teñen caras.


Interesante vìdeo onde nos mostra unha actividade creativa plástica para facer cos rapaces (de 5-10 anos.. ou máis...).

Sacada de amag
Categoría: Ensino - Publicado o 18-05-2012 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
O tarxetón en resposta ós recortes


Este foi o tarxetón que se lle mandou as administracións dende moitos centros públicos por correo electrónico.

Categoría: Ensino - Publicado o 18-05-2012 08:49
# Ligazón permanente a este artigo
A escola en perigo
O que está acontecendo aquí tamén acontece en Francia.

Categoría: Ensino - Publicado o 14-05-2012 16:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -