Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Carta ao individuo chamado Antonio Beteta
O Sr. BETETA DIXO xa fai uns meses ANTE A PRENSA QUE "Os FUNCIONARIOS HANSE DE MENTALIZAR QUE SE LLES ACABOU O CAFELITO E O XORNAL" EN RELACIÓN COA PROLONGACIÓN DE XORNADA.
>>>
>>>ESTE É O seu CURRICULUM:
>>>
>>>D. ANTONIO GERMÁN BETETA BARREDA
>>>Nacido en Madrid o 28 de maio de 1955. Avogado e Asesor de Empresas. Casado, cun fillo.
>>>
>>>Estudos: Licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto.
>>>
>>>Experiencia profesional:
>>>
>>>1. Deputado na Asemblea de Madrid desde 1983 a 2000;
>>>2. Desde o 2003 ata a actualidade. Portavoz do Grupo Parlamentario Popular na Asemblea de Madrid (2003 a xuño de 2008).
>>>3. Senador pola Comunidade de Madrid (2003 a xuño de 2008).
>>>4. Conselleiro de Facenda da Comunidade de Madrid (1995 a 2000).
>>>5. Secretario Xeral de Política Fiscal Territorial e Comunitaria do Ministerio de Facenda (2000-2003).
>>>6. Conselleiro de Economía e Facenda da Comunidade de Madrid (2008-2011).
>>>7. Desde 2011 Conselleiro de Transportes e Infraestruturas da Comunidade de Madrid
>>>8. Actualmente Secretario de Estado de Administracións Públicas, co Goberno de Mariano Rajoy
>>>9. Leva cobrando do Estado toda a súa vida.
>>>10. Vida profesional privada: cero.
>>>11. Oposicións ao Estado: cero.
>>>

>>>Carta ao individuo chamado Antonio Beteta
>>> Con sorpresa, estupor e fóra da miña xornada laboral leo as súas declaracións acerca dos funcionarios e, como o vexo moi crecido, decidín responderlle do mesmo xeito e comezo dicíndolle que é vostede un mal nacido, e agora explícome.
>>>O meu nome é Agustín González, son funcionario de carreira desde fai 32 anos e presto os meus servizos no Concello de Arganda del Rey. Ao día de hoxe o meu salario neto está ao redor de 1.150 Euros mensuais, grazas a que cobro 10 trienios a 13,47 Euros brutos cada un, é
>>>dicir, que se quitamos os 134,70 de antigüidade quédame un soldo pelado de 1.000 Euros.
>>>Desempeño as funcións que me foron encomendadas en función da miña categoría (Antes Grupo E, agora AP) coa maior dilixencia que o meu curto coñecemento me dá. Traballo desde as 8,30 h. ata as 17,30, dispondo dunha hora para xantar. Tamén teño establecido un tempo para o almorzo dentro da miña xornada de traballo, que aproveito, aínda que non na súa integridade para tomarme un "cafelito" e un bolo. Sabe por que?. Pois porque é o meu dereito. Iso si, se alguén precisa dos meus servizos durante ese tempo de almorzo, deixo aparcado o café e atendo o requirimento sen facer un mal xesto, porque me considero un profesional íntegro.
>>>Eu non leo o xornal no meu posto de traballo, pero para o seu desconsuelo direille que sò o leo cando chego a casa, con iso aprendo a coñecer a individuos como Vostede e decátome do que pasa polo mundo. Eu dedico 8 ó 10 minutos dos do almorzo a tomarme o café, en lugar da media hora que me corresponde.
>>>Eu non considero que estea de máis no meu posto de traballo, xa que estou eu só para un centro educativo de 24 aulas no que teño que encargarme da apertura e peche de instalacións, exercer a discreta vixilancia, atender e dirixir ás persoas que pasan polo centro, efectuar as operacións de mantemento simple e comunicar con dilixencia aquelas que non poida reparar, controlar o bo funcionamento da calefacción, trasladar mobiliario e manter a limpeza dun recinto de entre 6.000 e 7.000 m2.
>>>Eu non creo que gañe moito, e o salario arriba indicado remítome. Eu non me creo que viva ben e se é así é porque no seu momento sóubenme administrar. Eu non son feliz no meu traballo, asisto a el por imperativo legal e porque o salario a fin de mes é o que me fai feliz cando mo gasto no que me dá a gana.
>>>Finalmente, e na miña modesta opinión, eu non creo que sobren funcionarios.
>>>Agora ben, se o que Vd. entende por funcionarios non son persoas como eu, senón individuos postos a dedo como Vd., ou como os seus amiguitos da alma aos que instalan comodamente nun despacho no que non se sabe a que se dedican, cuns soldos 4 veces superiores ao meu, con dietas e teléfono pagado pola empresa (eu cando teño que establecer unha comunicación urxente fágoo co meu teléfono privado e se me teño que desprazar fágoo co meu coche sen cobrar nada a cambio), porque os seus salarios tamén van incluídos na nómina do funcionariado e son os que elevan as cifras e pertencen xa que logo ao orzamento (que non ao corpo de funcionarios), unha manchea de políticos inútiles como Vd., de enchufados e parentes postos a dedo por Vd. e gentuza como Vd., de militantes do partido colocados nas empresas públicas sen pasar por oposición nin por proba de aptitude algunha, senón simplemente polo feito de ser amigos de Vd. e de personaxes como Vd. Entón claro que estou de acordo en que sobran funcionarios, empezando por Vd. e a súa mestra de cerimonias, a Sra. Aguirre, que foi a escola na que aprendeu Vd. a ensuciar a imaxe dos honrados funcionarios aos que ano tras ano nos veñen vilipendiando e reducindo ou conxelando o salario ata habernos feito case imposible sobrevivir.
>>>Sobran eurodiputados, sobran Ministerios sen funcións, sobran secretarios, subsecretarios, sobran Consellerías, sobra o Senado enteiro e unha boa parte do Congreso.
>>>Sobran as Deputacións, sobran concelleiras con dedicación exclusiva e coas mesmas prerrogativas e soldos que se fosen ministros.
>>>Sobran Coordinadores, Asesores e Amiguitos da alma.
>>>Sobran ladróns que dilapidan o diñeiro dos administrados ou simplemente lévanllo á súa conta de Belice, Suíza ou As Caimán.
>>>Sobran Gurtels, Emersas, Brugales, EREs.
>>>Sobra o seu condescendencia cos ladróns que evaden impostos concedéndolles amnistias fiscais.
>>>Sobra o seu permisividad cos Aliertas, Botíns, González, etc. á hora de facilitarlles as xubilacións anticipadas a conta do contribuínte, ou á hora de regalarlles o noso diñeiro pola súa mala xestión.
>>>Sobran enchufados sen capacidade para desempeñar labores que ao final temos que realizar os FUNCIONARIOS DE VERDADE.
>>>Sobran dietas, sobran coches oficiais, sobran os gardacostas para empregados de Telefónica, sobran os soldos vitalicios dos expresidentes e os dos exministros.
>>>E tamén sobran os cadros dos Presidentes do Congreso, sobran as subvencións ás festas taurinas, ás fallas e á Igrexa.
>>>Sobra xentuza como Vds., que o único que son é unha secuela para este país chamado España.
>>>Pola contra non só creo que non sobran, senón que faltan Médicos, Profesores, Inspectores de Facenda e de Traballo, bos administrativos para axilizar a atención aos cidadáns, barrenderos, xardineiros e falta un mínimo de vergoña en individuos como Vd.
>>>Por todo iso, non podo nin vou permitir que un mequetrefe impresentable como vostede poña en dúbida a miña honradez profesional demostrada ao longo de 32 anos con gobernos do Partido Comunista, Esquerda Unida, Partido Popular e Partido Socialista, cando a de vostedes está en dúbida en tanto que o resolvan os tribunais correspondentes.
>>>

Categoría: Opinión - Publicado o 29-08-2012 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
A razón, mesmo vencida, non deixa de ser razón
"O día despois". Por Marica Campos.

"O LUNS espertarémonos nun país novo, cor de rosa. Dígoo porque, se non con esas palabras, con outras semellantes llelo escoitei a dous homes asisados de cuxa intención de voto non teño a máis mínima dúbida. Non tercei na súa conversa porque estaba segura de perder o tempo, visto o ataque de ‘confianza’ que os posuía. Como se sabe, esta, a confianza, é o punto principal do programa dun dos dous partidos maioritarios en liza. Ogallá tivesen razón e a partir do luns se nos acabasen todos os problemas; mais sospeito que non.

A crise non foi un raio súpeto, senón que, como as grandes tormentas, tivo a súa xestación. Certo que uns nos dixeron que brillaba o sol cando as nubes xa eran negras e ameazantes. Mais certo tamén que outros negaron o proceso de formación das tales nubes, empeñados en non mudar as regras do xogo. Lembren aquilo de ‘refundar o capitalismo’. Ben sei que os nomes non son as cousas, mais habería que empezar por eles. E é que, co uso, co mal uso, as palabras cárganse doutros significados e, designando no comezo conceptos lexítimos, poden referirse despois a cousas que non o son. Se deveu en avaricia sen límites, diñeiro artificial, especulación en estado puro, o que foi dereito á propiedade privada e á liberdade de produción, haberá que lle cambiar o nome ou declaralo ilegal.

Como isto aínda non vaia acontecer a curto prazo, o día seguinte non se diferenciará moito do día anterior. Non é preciso ser pitonisa para predicilo.

Ao día seguinte apertarannos máis o cinto, porque teremos que continuar alimentando o insaciábel Moloch do noso tempo. Non tocarán os impostos directos para gravar aos que máis teñen. Baixarán as prestacións sociais. Os pobres serano máis, os ricos moito máis e os do medio, cada vez máis cara abaixo, rezaremos o de «Virgencita, que me quede como estoy» e procuraremos gastar menos en previsión de tempos peores. Así seguirá a diminuír o consumo e a aumentar o paro.

Haberá protestas na rúa polos durísimos recortes que se aveciñan. Non o digo eu, díxoo a Señora Cospedal en Ceuta. Por que, se todo vai mellorar a partir do luns? Non o solucionará todo a confianza?

O maior erro sería caer no escepticismo e non acudir a votar. Non podemos renunciar á esperanza. É preciso repetir e repetírmonos o coñecido lema de que outro mundo é posíbel. «Onde non hai utopía, non hai futuro», dixo o bispo Casaldáliga, ese home que tanto sabe da loita contra a exclusión e a pobreza. Por iso servidora votará o domingo pola utopía que, é o meu parecer, non se acha no bipartidismo.

O meu sufraxio non servirá para elixir presidente; servirá, se lle suman os votos suficientes, para que o nome de Galiza e os seus problemas reais se escoiten en Madrid. Non nos darán a razón a maioría das veces aínda que a teñamos. Mais sempre nos confortarán as palabras de Lamas Carvajal: «A razón, mesmo vencida, non deixa de ser razón».



Ver artigo na prensa.
Categoría: Opinión - Publicado o 18-11-2011 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
A Galicia queimada
De Manolo Rivas no El País
"......

Temos un país queimado. Non só os montes de Ourense e algunhas outras bisbarras.

Temos queimados os equipos e as equipas. Os equipos de normalización lingüística, por exemplo, eses botan fume por cada poro. E non me estraña. Como vas traballar no ensino oficial a prol dunha lingua, se todo o discurso do poder vai dirixido a descualificar ese traballo, a que a xente interiorice que a súa lingua é unha lingua inútil. Os equipos de medio ambiente están queimados. E como non! En lugar de espallar e garantir os valores medioambientais, semella que todo está aberto á poxa, non importa o nivel de protección. En Alemaña e Francia, os gobernantes decláranse ecoloxistas, non digamos xa nos países nórdicos, mais en Galicia o termo "ecoloxista" aínda segue a ser utilizado como un alcume. Quen repartiu as pancartas de Touriñán, feitas en fábrica, onde se atacaba como demos aos ecoloxistas?

Os equipos de televisión tamén están queimados. Estar están queimados até os equipos de fútbol. No mundo do estres e da angustia laboral fálase da Síndrome burn out. O estar queimado. Mais neste país semella unha síndrome nacional. A identidade de estar queimado.

Ía dicir que non temos dereito a estar tan queimados. Mais cos recortes que hai en todo, só faltaría que lle quitaran a un o dereito a estar queimado. Sen folgos. Sen esperanza. Sen nada.

O Rexurdimento tamén agromou en circunstancias de desacougo colectivo e cando moitas cousas semellaban perdidas ou en perigo de perderse. O que cómpre, cando un país está queimado, non é apagar a luz e encamalo. Pola contra, éche o intre de levar a contraria, montar un novo Rexurdimento e botar un baile coa Negra Sombra."


Artigos relacionados:

Defensa do Ensino Público
Categoría: Opinión - Publicado o 05-11-2011 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
O ensino adoece
Este artigo é copia dun feito no blogue do EDNL do CEIP Campolongo.O artigo, no colexio, vai a desaparecer porque seica é politicamente incorrecto, sobre todo polo video. Como este blogle, non é do centro ten liberdade para expresarse, e aquí vai a copia:


"Hoxe escoitamos na radio que os que non foron a folga están de acordo coas medidas que está a tomar estes anos en educación: baixada de soldo, recorte de profesorado, máis horario lectivo ...

Ben dicindo que "O que cala otorga" ?

Como é capaz de dicir semellante aseveración un Director Xeral de Centros?

Quererá que vaia máis xente a folga? Quererá dicir que non está pasando nada?

Dende esta humilde bitácora podemos dicir, a este señor, e a outros, que o ensino está adoecendo, as aulas están indignadas, que prácticamente a maioría do profesorado, máis dun 95%, por non dicir todos, non lle gusta o que está a pasar, e por exemplo, aínda que non foran a folga, si están de acordo con poñer unha pancarta nos centros pedindo calidade do ensino, que sí están de acordo coas concentración que se farán, por exemplo, en Pontevedra, o próximo luns día 3 de outubro as 20:00 h, para protestar polas medidas que se están a tomar.

Hai outras medidas que si están a dividir ó profesorado: as de si facer as actividades extraexcolares e complementarias porque hai pouquísimo tempo para poder organizalas . Esta sí é a verdadeira realidade do que está a acontecer.

Que lectura lle dará este señor ó que estamos a contar?

O outro día este mesmo persoeiro dixo que os mestres "marchaban para casa" en vez de facer as tarefas no colexio.

Dannos dúas horas de libre disposición que a maioría dos mestres as pasabamos nos centros, e este indivíduo atrévese a dicir que marchamos para casa en horas que tiñamos que estar no centro.

Cantas razóns haberá para non ir a folga aíndo non estando de acordo coas medidas que se están a tomar?

Deixamos aquí como un colexio protesta cantando polo que está a pasar:




Máis vídeos das protestas "

Folga Ensino 21 de setembro.
Categoría: Opinión - Publicado o 06-10-2011 18:03
# Ligazón permanente a este artigo
Sabias palabras de Eduardo Galeano


Categoría: Opinión - Publicado o 25-07-2011 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -