Arden as Fragas do Eume! Mobilícémonos! Acude ás concentracións!
O incéndio das Fragas do Eume é xa visíbel desde o espazo!
Mobilízate contra os que queiman o país e os que o consenten coa súa nugalla!
Concrétanse os horarios das concentracións cidadáns que se están a convocar para mañá, luns, ás 20:30.
A Coruña: nos Cantóns;
Vigo: no Sireno;
Compostela: no Obradoiro;
Lugo: diante do Concello;
Ourense: diante do Concello
Pontedeume ás 20:00 diante do Concello.
A muller co veo ten un parente ferido dentro dunha mesquita usada como un hospital de campo por manifestantes contra o goberno do presidente Ali Abdullah Saleh, durante enfrontamentos en Sanaa, Iemen. (Samuel Aranda)
Os sindicatos teñen á venda esta camiseta por 5 euros.
ACLARACIÓN: A camiseta non vale os 5 euros. o custo aproximado é de 3,87 €. O restante é para pagar os autobuses que os sindicatos pagaron na manifestación estatal en Madrid.
"Este Scene Mob realizouse para conmemorar o 40 aniversario de ECOM. O seu obxectivo é promover a igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade física, por iso quixemos recrear escenarios da vida real (unha escola, unha pista deportiva, a terraza dun bar...) onde interactúan con normalidade persoas con e sen discapacidade. ECOM é un movemento asociativo, creado en 1971, que aglutina máis de 175 asociacións de persoas con discapacidade física de todo o Estado español (145 delas de Cataluña). A nosa razón de ser é favorecer o fortalecemento do movemento asociativo da discapacidade física (ofrecendo información, asesoramento, formación..., ás entidades federadas), así como representar e defender os intereses das persoas con discapacidade física e as entidades ante a Administración Pública e nos diferentes órganos de participación. Así mesmo, actuamos en todos os ámbitos sociais (educación, transporte, sanidade, laboral, lecer, deporte...) para defender o exercicio dos dereitos das persoas con discapacidade física e favorecer a súa autonomía persoal. Se queredes coñecer máis a fondo ou colaborar connosco, visitádenos en: http://www.ecom.cat (Directores:Santi Hausmann e Daniel Feixas)"
Un breve resumo das actividades que fan este grupo de mulleres. Impresionante o seu labor. Os meus parabéns. Ou como di un compañeiro da rede, un grolo por elas.