Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Herba do demo ou figueira do inferno
De Arbores do Parque de Campolongo II


O estramonio ou tamén coñecida por datura, figueira tola, figueira do inferno, herba do demo e herba do gorgullo é unha planta que pode chegar a ser un arbusto tal é como se ve nesta imaxe.

O exemplar da imaxe témolo en Campolongo, nun xardín privado dunhas das torres que bordean o parque, no inicio da rúa Iglesías Vilarelle, onde se cruza coa rúa Alcalde Hevia.

A verdade é que este exemplar sempre me tivo abraiado pois ten flores practicamente todo o ano, e centos delas. Fai pouco pegáronlle unha bestial podadura pero coido que axiña se reporá. Cando pasas preto dela é embriador o seu arrecendo.

As flores en forma de funil, e o seu forte olor ten como obxectivo atraer ós morcegos para que a polinicen.

Os indíxenas suramericanos dos Andes utilizaban tamén como narcótico para inducir normas de obedencia ós nenos (finalidade "pedagóxica").

Hai que ter conta dela, e non facer experimentos cone ela xa que é alucinóxena.

É orixinaria de Perú e Chile.

O seu nome científico é Brugmansia candida"

Máis no libro "As árbores de Pontevedra" (Tes que poñer o nome científico)

Pranta semellante?: (estou investigando)

Datura stramonium.


Máis árbores do Parque de Campolongo.
Categoría: Plantas - Publicado o 18-03-2012 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Primavera (Primula vulgaris)


Estes días preto dos ríos pódese ver moito esta preciosa flor anunciando a chegada da primavera.
Nós vímola onte na visita ó Muíño de Cabanas.

Se queres saber máis.
Categoría: Plantas - Publicado o 18-03-2012 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -