Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un paporroibo criando


Un bonito vídeo de como os paxaros, neste caso un paporroibo, a pesar das imtespestades coidan os seus ovos e as súas crías ata que estas abandonan o niño.
Categoría: Río Gafos - Publicado o 14-01-2012 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Herbas do cacho


No vídeo podedes atopar moitas das herbas que hai preto dos nosos ríos e regatos. Tódalas elas, dependendo da zona, serven para facer os cachos, costume moi antiga para lavar a cara e espantar o mal de ollo alá polo tempo de San Xoán.

No vídeo tamén se pode ver algunhas das súas aplicacións mediciñais.


Ver máis
Categoría: Río Gafos - Publicado o 14-01-2012 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
Veciñas do aire


Estes paxaros e aves do vídeo tamén se alimentan, cando lles cadra, do noso río Gafos. Ás veces case non lles fai falta moverse moito, pois na mesma cidade, incluíndo as cafeterías, xa teñen alimento dabondo.

No cole temos o vídeo enteiro. Terémolo que ver para estar mellor informado do que temos ó noso arredor.
Categoría: Río Gafos - Publicado o 14-01-2012 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
Xogo da avifauna

Este xogo foi feito no curso pasado para traballar cos rapaces o bloque de contidos Actividades na Natureza, dentro da Educaión Física. Englóbase tamén como unha actividade dentro do Proxecto Atlántico das Escolas Unesco.


Moita da avifauna que aquí falamos case se nos pode presentar en moitos dos ríos que temos na Galiza Atlántica. Chamámolle do río Gafos porque é o que pasa preto do noso cole e porque é un dos representantes da zona atlántica. Esta é foi unha primeira parte que se completará con outras ata coñecer ben este noso preciado río. Moita da información sacouse dos traballos feitos pola Asociación Vaipolorío.

Recordade que o Xogo está metido na páxina web do cole CEIP Campolongo, en Xogos, E. Física.

Entrar dende aquí no xogo AVIFAUNA DO RÍO GAFOS
Categoría: Río Gafos - Publicado o 14-01-2012 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
A riqueza da ría de Pontevedra


O río Gafos xunto con outros, principalmente o río Lérez, aportan moita riqueza para logo formar unha das rías máis productivas e fermosas do mundo, a de Pontevedra. Nela fórmasen, coas ricas aúgas dos nosos ríos, xunto coa as areas que veñen dos nosos montes, os esteiros e outros ecosistemas onde viven moitos dos mariscos que dan sona as nosas terras: berberechos, ameixas, navallas, mexillóns, nécoras, camaróns ...
Categoría: Río Gafos - Publicado o 14-01-2012 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -