Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O que se pode ver nunha árbore
Categoría: Río Gafos - Publicado o 01-02-2012 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
6ºA visita ó Muíño de Cabanas

Categoría: Río Gafos - Publicado o 23-01-2012 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
Visita ó muíño de Cabanas


Fotos do alumnado de 6ºC visitando o muíño. O día estivo un pouco fresco de madrugada pero pagou a pena para ver o único muíño restaurado que temos no río que pasa preto da nosa escola.


Aquí deixamos tamén un pequeno vídeo de recordo, onde o Sr. Ramón nos conta algunhas cousas que el recorda de pequeno, como por exemplo as papas de óleo:



Video relacionado:


Categoría: Río Gafos - Publicado o 17-01-2012 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
Muíños do Folón
Fervenza de muíños


Estos muíños están no Rosal, Pontevedra. Non son do Río Gafos, pero está ben poñelos aquí para ver a importancia que tiveron na súa época facéndoos nestes sitios tan complicados.

Os da imaxe son 36 muíños en cascada por un dos ríos (O Folón), en total hai máis de 50 contando os do outro río (O Picón).


Paga a pena facer unha excursión por esta caeira.


Maís imaxes
Categoría: Río Gafos - Publicado o 15-01-2012 22:08
# Ligazón permanente a este artigo
As árbores da fraga


Nos ríos atopamos diversos biótopos (brañas, fragas ...).Aquí na canción aparecen 16 destas árbores que hai polos ríos galegos, e por suposto, de momento, tamén hai polo noso Río Gafos.

Os rapaces de 5ºA, prepararon coa súa mestra de música (Misi) esta cantiga que podedes escoitar e que fala das "Árbores da fraga".


As árbores da fraga

Estaba o acivro
de garda na fraga,
pasou o carballo
e non lle dixo nada.

Chegou o eucalipto
á porta petar,
o acivro de garda
non o deixou pasar.

Entrou o bidueiro
e máis o salgueiro,
tamén o cerquiño
e o ameneiro.

Pasou o pradairo
seguido do freixo,
tamén a abelaira
e o castiñeiro.

Logo entrou o buxo
e máis a sobreira,
despois veu a faia
xunto coa ulmeira.

-Vaite eucalipto
non insistas máis
que aquí na fraga
non podes entrar.


(Xosé Lois Seixo Fernandez)


Ver partitura da frauta traveseira e do piano

Escoitar a canción co coro do CEIP Pedras latas de Celerio-Viveiro (Lugo)
Categoría: Río Gafos - Publicado o 14-01-2012 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -