Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Tipos de Muíños
Traballo feito por Ana N.B. (6ºC)


Tipos de Muíños (Jorge C.C. - 6º B )



Tipos de muíños (Juan J.R.A.)



Muíños de auga (Paloma O. L. 6ºC)



Excelente traballo feito pola alumna. durante o curso 20111-12.

Categoría: Río Gafos - Publicado o 02-02-2012 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
Un paseo polo río Gafos.


Dúas alumnas fan un paseo polo río Gafos e cóntannos o que van vendo. Un bonito traballo.
Noraboa ás dúas.
Categoría: Río Gafos - Publicado o 02-02-2012 00:02
# Ligazón permanente a este artigo
Os paxaros do río Gafos


Excelente traballo feito pola alumna Patricia Fariña Dapena, de 5º B.

Artigo relacionado:

Xogo Avifauna do río Gafos.
Categoría: Río Gafos - Publicado o 01-02-2012 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
Poemas do Bosque


Poemas que se traballaron no curso 2010-11 coa mestra Carmela.
Categoría: Río Gafos - Publicado o 01-02-2012 22:11
# Ligazón permanente a este artigo
O conto de Malúa e o río Gafos
Ala polos anos 60, preto do río Gafos, na desembocadura, onde comeza o esteiro, no outro lado da ría, naceu Malúa, o protagonista desta historia. Un amigo del, que os malfalados lle chamaban Planeador, cando Malúa lle decía que el nacera nese lugar, sempre se preguntaba por que tiña ese nome. O amigo chegou a crer que alí, na Puntada, se atopan puntas cando se producían as enchentes , as do Gafos eran sete o ano, as suficientes para que as brañas se mantiveran vivas e o millo se poidera esfolar con garantía. O das puntas podería asociarse cuns almaceńs de madeira , que había preto do muíño, onde o río se chama Campolongo.
Podería ser que cando estes almacéns arderon as puntas foran a parar ó esteiro.
O que si recorda Malúa e como un amigo seu un día chegou sangrando a cachón polo pé. Non sabe ben se foi unha punta ou se pisou unha “ghancha” do marisqueo.

Aparte de puntas, tamén se atopaba algunha froita que viña polo río abaixo. Daquela era un manxar que , seguramamente, viña dos montes de Carballedo, ou mesmo de Monteporreiro, no caso do río Lérez, ou das fragas de Tomeza ou Figueirido no caso do río Gafos, ou porque non, dalgún barco que naufragara polas ondas que producían os carbuncos malignos que merodean a ría nos tempos de treboada. Eran tempos de fame ... E tamén tempos do “Hai que roelo”.

Nunha destas enchentes, na Moureira de Abaixo, onde o Gafos pasa a ser ría, o noso protagonista, levou un susto de morte sen enterarse. A súa nai que andaba ó marisqueo nunha pequena “ghamela”, non puido controlar a forza das enchentes e da marea e volcou. Con ela estaban todos os irmáns de Malúa. Aínda hoxe contan os da contorna que foi un miragre que non morrera ningún, pois todos eran pequenos, agás Malúa, que aínda estaba quentiño na barriga.
Contan que os pequenos flotaban e que ela conseguíu empuxalos ata a beira do río que nace na Xesteira, xunto con outra man que aínda hoxe non se sabe ben de quen era. Se cadra, sería de Leucociña, a serea que dorme en Tambo, e que vixía o esteiro da ría. Ás veces ela achégase ata o pego onde o río se chama de Tomeza , coñecido pola Poza da Moura, ó pé das Brañas de Salcedo, onda o Mar da Presa, encalco do muíño de Cabanas. Ela aprendeu de Balea Varada a levar ós náufragos ata as zonas secas ou tranquilas.

Este feito marcaría o destino de Malúa, xa que dende que llo contaron , sempre quixo saber de quen era esa man que lle salvou a vida a el e a súa familia. Algúns do lugar falaban dun home que vivía no río, que nadaba como unha troita, e que as veces baixaba ata a ría porque precisaba de auga salgada o día que había enchentes.

Unha das cousas que máis lle gustaba ver a Malúa, era o movemento que había no outro lado da ría. Un feixe de barcas entraban e saían do Gafos, outros atracaban nos peiraos da Moureira. E cando había mareas vivas era todo un espectáculo ver os arroases achegarse ata preto da Ponte da Barca. Contan que algún dos pequenos quixo seguir o roteiro da serea e quedou a xogar coas lavandeiras do lugar. Elas contáronlle do pouco caudal do río cando había secas. Os homes, axiña se preparaban nos barcos, dos arroases aproveitábase todo, incluso a grasa para facer aceites. Eran tempos de lámpadas de carburo.

Un dos personaxes desta Moureira de Abaixo, era o ben querido Pla, un home que se dedicaba no verán a cruzar a xente dun lado a outro da ría, para ir as praias dos arredores. Moito gustaba de cruzar ás mozas. Tiña un ollo medio tapado pero con boa vista. De cando en vez ía cos seus paisanos das Corbaceiras, pois por alí había moito rebumbio , as lavandeiras, os mariñeiros nos seus atracadeiros e, como non, os rapaces xogando.
Cando o Sr. Pla non estaba, Malúa e os seus irmáns intentaban gañar unha peseta facendo o mesmo coa “ghamela” dos pais. Unha odisea cando había corrientes. Ás veces tiñan que axudar os turistas pois Malúa aínda non tiña oito anos. Non sabía moito das enchentes e de mareas

Outra forma de gañar o carto era collendo miñoca para os pescadores. Había dabondo.

Pasaron os anos e Malúa pasou a vivir preto do río onde se chama Menexo. Cando pasaba polo alí atopaba sempre , unha esterqueira con lavadoras, roupa, rodas. A outra parte do río non se vía, estaba canalizada.

Onde estaban as árbores da froita que chegaba ata a ría? Non podía ser este un dos ríos que alimentaba o estuario onde medraban caramuxos, ameixas, camaróns, sollas, berberechos ... O cambio de casa fora unha boa nova, a esterqueira recordáballe ó vello Borrón, onde os que vivian nos burgos da cidade, ían buscar xoguetes e todo o que se prestara . Todos volvían con cinta illante . Algo especial entre tanto lixo.

Este “reghato” cheo de gaivotas, corvos e ratas era unha porcallada. Como se pode ser tan desleixado? Dalí a pouco, escoitou que había un grupo de xente que estaba preocupado polo río. Madia leva! As cousas poderían mudar. El tamén quería poñer o seu grao de area. Como facer?

O mellor era concienciar ás persoas. Entre todos é moi fácil de facelo. Hai que entrar nas escolas , falar cos mestres, elaborar materiais para traballar. As gañas eran tremendas. Co tempo estes rapaces traballarían tamén para coidar a súa casa, a casa de todos.

Malúa púxo mans á obra. Preocupouse polo nome das árbores, das prantas, dos paxaros, dos animais; da importancia dos ecosistemas, xa todos os temas do medio ambiente lle foron interesando. Nunca tiraba nada ó chan. Ás veces recollía o de outros para que o viran e tomaran conciencia. Reciclaba o que podía e sabía. Participaba en todos os eventos arredor do medio ambiente . Estábase preparando para buscar a ialma do río que un día lle salvou a vida. Quería percorrelo todo dende a ría ata o Mato da Xesteira. Preguntaríalle as xentes do lugar.

Con esas ansias quixo coñecelo todo, sabía por outros que había un sendeiro por onde poder pasealo. Quedou impresionado de tanta marabilla preto da cidade, das súas carballeiras, dos soutos, das fragas, das brañas, dos tordos, dos xiríns, do paporroibos, dos bidueiros, das sementes das piñas dos ameneiros que daban de comer no inverno ó lúgano, das troitas que xogaban nos remansos, de non ver elucaliptos por doquier, dos poemas, do Mar da Presa, das pontes e pontellas, do muiño de Cabanas, do seu burato do inferno, da canle, da moa e o pé da moa, do señor Ramón, e o de outros moitos que están a facer deste río un verdadeiro conto para que todos o poidan desfrutar.

El tiña que axudar a que outros souberan do tesouro que daba vida a moitas zonas da contorna , e así o está a facer, e cando chegue ós lugares segredos onde inverna Leucociña contarállelo a todos aqueles que amen e respecten o zume da nosas vidas. Que espera que sexan moitos.


Autor: Antonio Ferrer Moreira (Nito)
Categoría: Río Gafos - Publicado o 01-02-2012 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -