Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Refraneiro e Cantigueiro dos Muíños
De Refraneiro e Cantigueiro dos Muíños


De Refraneiro e Cantigueiro dos Muíños


Álvaro P. P. (6º C)
Categoría: Río Gafos - Publicado o 28-02-2012 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
A lenda da moura do río dos Gafos
O pego do río dos Gafos coñecido por poza da Moura, ao pé das Brañas de Salcedo, onda o Mar da Presa, encalco do muíño de Cabanas, está vencellado á lenda dunha moura, encanto de loiros cabelos, xenuíno ser mítico do patrimonio inmaterial da galeguidade:
Contan os nosos maiores que hai moito, moito tempo, un labrego da contorna, alindaba o seu gando nas Brañas, á beira do río dos Gafos. Coma ensoñación, do goio xurdiu unha fermosa muller en cuxos cabelos aniñaba o refolguexo do sol. A engaioladora dama adiantoulle que unha das súas vacas ficara preñada había pouco e que ía parir dúas fermosas crías, un xato e mais unha xovenca. En troco polo bo agoiro, a moura pedíulle ao gandeiro que lle chimpase a becerra na poza cando a vaca librase.
Pasaron os meses, pariu con ben o animal e, consonte o vaticinado pola xacia, trouxo unha repoluda parella de vitelos. Lembrou, daquela, o noso home, o trabuco avindo. Botou contas e reparou que, na feira, pagaríanlle mellor a becerra, polo que no canto de botar na poza a femia, botou o macho. Nun pestanexo, as augas calmas argallaron un remuíño e do ollo da ola aboiou unha grade de pau. Sentada nunha pena do río, fíxose visíbel a moura, recriminoulle ao labrego o seu aquel migalleiro e, antes de se sumir no piago, díxolle que de cumprir co trato, teríao agasallado cunha grade de ouro.

Bole na aldea unha outra versión, que, segundo o escoitado, é a que se lles adoita contar aos cativos:
Os vellos advirten os nenos do perigo agochado na poza da Moura, posto que, hai anos, un home que pasaba polo lugar guiando unha xugada, por causas aínda non ben esclarecidas, caeu ao río e xamais nunca se volveu saber del. Sospéitase que andaba en tratos coa moura da poza e quizais por non gardar fidelidade á palabra dada, o encanto cativou o campesiño, a parella e mais o carro, ad vitam aeternam, na insondábel fondura.

Sara T.S. (6ºA)

A lenda en Galicia Encantada.


Descargar ruta Sendeiro do río Gafos.
Categoría: Río Gafos - Publicado o 28-02-2012 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
A Moureira
O río Gafos desemboca na Moureira de Abaixo ou Moureira de Pescadores, tamén coñecida por San Roque, no lugar chamado Corvaceiras. Antigamente había aquí unha fábrica de salazón. Seguramente de ahí ben o seu nome, pois Pontevedra naceu e medrou por estes barrios (Moureira de Arriba, do Medio e de Abaixo), moi ricos nos séculos XIV, XV e XVI. Por aquí entraban barcos de todo o mundo e dende aquí se exportaba o mellor peixe da costa. Foi a cidade galega máis importante daquela, onde se facían barcos nos seus astaleiros. Dise que a carabela Santa María de Cristobal Colón se fixo neles.
No ano 1248, o almirante Paio Gomes Charinho, a sazón trobador, participa na conquista de Sevilla ó goberno dunha nave construída nos astaleiros da Moureira.
A igrexa de Santa María foi pagada cos excedentes da venta de sardiña, polo rico Gremio de Mareantes. Maís adiante tamén houbo un hospital de leprosos, de ahí o nome de río Gafos neste tramo final do río.

O dicionario trae as seguintes acepcións sobre esta palabra. Así tamén o creía Figueira Valverde:

Moureira: 1.Salmoira, auga que solta o peixe e a carne salgados.2. Auga salgada para conservar os alimentos. 3. Lugar onde se salga o peixe.

Calros Solla no seu libro "Andar primeiro de río", fala que este microtopónimo pode vir da forma prerromana *MOR-R, adoito vencellada coas formacións rochosas e os pedregais. O rueiro da Moureira está construído encol das laxas. Orotopónimo?

Barrio pontevedrés.
Pequeno documental.
Categoría: Río Gafos - Publicado o 12-02-2012 20:12
# Ligazón permanente a este artigo
O millo


Traballo feito no curso 2010-11, onde os rapaces aprenderon a importancia que tivo o millo na cultura galega despois do descubrimento do mesmo nas Américas.


Categoría: Río Gafos - Publicado o 08-02-2012 08:24
# Ligazón permanente a este artigo
Río Gafos. IV Congreso da R.E.G.A. á UNESCO
Presentacion para o Congreso dalgúns traballos feitos polos rapaces do CEIP Campolongo sobre o río Gafos de Pontevedra.


REGA: Rede de Escolas Galegas Asociadas.

Versión con música en vídeo YOUTUBE



Artigos relacionados:

Visita ó Muíño de Cabanas

O millo.

Os paxaros do río Gafos.

Os muiños de Auga en Galicia. Por Paloma Otero. Feito con Prezi

Máis sobre o Río Gafos
Categoría: Río Gafos - Publicado o 08-02-2012 00:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -