Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Muíño de acea

É un muíño situado nun río, que ten unha gran roda vertical (ou dúas) que transmiten a forza da auga a un eixe e mediante un engranaxe móvese a moa.

Quen fai mover a moa é a bruia e non o rodicio como noutros muíños.

Sacado de Ríos Galegos.

Artigo relacionado:

Tipos de muíño.
Categoría: Río Gafos - Publicado o 12-03-2012 08:03
# Ligazón permanente a este artigo
Poema no muíño de acea Canedo

De Eduardo Blanco Amor

Sacado de Ríos Galegos, dentro do dicionario, buscando a palabra acea.

Artigo relacionado:

Muíño de acea.
Categoría: Río Gafos - Publicado o 12-03-2012 00:16
# Ligazón permanente a este artigo
Canto dos paxaros
Deste poema imos intentar adaptalo un pouco e facer unha canción semellante a As árbores da fraga.



Canta o merlo na silveira;

O cuco, no carballal;

O xílgaro, no loureiro;

O paspallás , no trigal…


¡E eu tamén quero cantar...!



Canta o corvo, como el sabe,

Por todo o seu piñeiral,

Na procura da ribeira

Onde poder mariscar…


¡Xa vou romper a cantar..!



Canta o moucho, canta o moucho,
No faiado do casal,

Os amores do veciño

Coa veciña de portal…


¡E eu tamén quero cantar..!



Os gorrións cantan sempre,

Que un ben pode tolear

Con tanto gorrión cantante

Por unha esmola dun gran…



¡Xa vou romper a cantar..!


Sacado de AIREnaEIRA
Categoría: Río Gafos - Publicado o 11-03-2012 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
As árbores da fraga en galego, castelán e inglés.


Presentación feita por Guillermo B. A. de (5ºA)
Nel están os 16 nomes, en galego, castelán e inglés, que hai no poema as Árbores da fraga de Xosé Lois Seixo Fernández.

Tamén temos os mesmos nomes noutro formato, feito por María C.A. e Carla B. R.

De Árbores da Fraga en Inglés


De Árbores da Fraga en Inglés


Artigo relacionado:

As árbores da fraga (texto e canción)
Categoría: Río Gafos - Publicado o 07-03-2012 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
Fraseoloxía dos ríos.


Traballo feito Amalia F.D. e Sara C. F. de 6ºB, traballando o río Gafos, no curso 2011-12. Recolleuse algunha fraseoloxía que atopamos no libro "Andar primeiro de río" de Calros Solla.
Categoría: Río Gafos - Publicado o 03-03-2012 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -