Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Que é o PEA da UNESCO?
"Xa que as guerras nacen na mente dos homes, é na mente dos homes e das mulleres onde deben erixirse os baluartes da paz"

(Preámbulo da Constitución da UNESCO).


UNESCO = Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, é un organismo intergubernamental que conta con 189 Estados membros e é unha das axencias especializadas do sistema das Nacións Unidas.
Dende a súa creación, a UNESCO ten como obxectivo "contribuir á paz e á seguridade, estreitando, por mor da educación, a ciencia e a cultura, a colaboración entre as nacións, co fin de asegurar o respecto universal pola xusticia, a lei, os dereitos humanos e as libertades fundamentais".


O Plan de Escolas Asociadas da UNESCO (PEA) é unha rede de Centros de Ensino esparexidos polo mundo que se adhiren aos ideais da UNESCO. O PEA, inaugurado en 1953, promove a educación para a comprensión internacional a fin de preparar aos nenos e aos mozos para afrontar os apremiantes desafíos que se expón á humanidade, no contexto dos recursos do planeta. O Plan está concibido para que produza un efecto multiplicador: a nivel nacional, a incorporación das innovacións do PEA na orientación principal do sistema educativo; a nivel internacional, a difusión da información sobre os resultados do PEA para proveito de todos. O PEA ten unha perspectiva mundial, orientada cara ao futuro e centrada nos valores humanos, de forma que o espazo entre a lousa e o pupitre abarque os horizontes do mundo.

Os catro temas principais de estudo do PEA son:

1. Os problemas mundiais e o papel que desempeña na súa solución o sistema das Nacións Unidas.
2. Dereitos humanos.
3. Outros países e culturas.
4. O home e o seu medio ambiente.


En toda España hai unhas 140 escolas públicas e privadas pertencentes á Rede, a maioría delas en Cataluña , Galicia e Andalucía. No mundo hai preto de 4.000 en 130 países. Para pertencer á Rede de Escolas Asociadas á UNESCO, hai que presentar un proxecto que se aproba en París.

Cada ano hai na primeira semana de Xullo un encontro de catro ou cinco días, no que hai representantes da maioría das escolas de todo o estado, onde se intercambian experiencias e impúlsanse novos proxectos. A nivel galego inténtase facer cada dous anos.

A forma de traballar das escolas é moi diversa. Hai algúns proxectos emblemáticos impulsados desde París, como Liguapax (de Cooperación entre os pobos a partir da aprendizaxe das Linguas), Mediterráneo e Atlántico (de carácter ambiental), Patrimonio Cultural, etc. Recentemente incorporouse con carácter institucional o proxecto a Ruta do esclavo. E outros que parten das propias escolas en función das necesidades, pero sempre na liña de traballo orientada cara a comprensión internacional, a paz e a cooperación e a educación relacionada cos dereitos humanos e as liberdades fundamentais., como di a publicación que a UNESCO dedica á Rede de Escolas.

Proxectos Específicos de Galicia e Portugal.

Proxecto Atlántico


É un proxecto das escolas atlánticas para abordar os problemas de medio ambiente tales como a destrucción das áreas costeiras, a desaparición de especies mariñas, a protección dos acuíferos e humedales. Ó mesmo tempo os estudantes poden apreciar a rica diversidade cultural e entender a ponte de unión que simboliza o Atlántico.


No 2013 celebrarase o 60 aniversario.


Máis

Blog das Escolas Asociadas Unesco Galegas


Categoría: UNESCO - Publicado o 14-02-2012 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
IV Congreso da PEA da UNESCO
From IV Congreso PEA UNESCO


Teatro. IES Luís Seoane

From IV Congreso PEA UNESCO


Presentacións. CEIP Cabanas

From IV Congreso PEA UNESCO


Xantar.

From IV Congreso PEA UNESCO


Lecer.

From IV Congreso PEA UNESCO


Xogos.



From IV Congreso PEA UNESCO


Monitores colaboradores dos Xogos (Módulo TSAAFD do IES Sánchez Cantón).

From IV Congreso PEA UNESCO


Yogote (Linguaxe de signos)

From IV Congreso PEA UNESCO

From IV Congreso PEA UNESCO




Ver máis na páxina do IES Pedra da Auga


Teatro. Marcos da Portela.

From IV Congreso PEA UNESCO


Música tradicional. Obradoiro.



Música. Conservatorio de Música Pontevedra e Univ. Vigo

From IV Congreso PEA UNESCO


Localia TV.



Ver maís fotos.

Xunto co teatro a música e os xogos, os catro obradoiros simultáneos que se traballaron foron o de Presentacións en soporte informático de diferentes traballos que se fixeron nos dous últimos cursos, outro de Música Tradicional onde aprenderon tamén a cantar rapeando, o de Yogote ou linguaxe de signos, moi expectacular este por traballar diferentes linguas, e por último un de Creatividade Musical cun inicio o que hoxe en día se coñece como "lipdub", unha especie de coreografía con moitos participantes en diferentes situacións.

Os grupos estiveron divididos en cores e cada un tiña o nome dun grande persoeiro que traballou ou traballa incansablemente pola Paz ou polos dereitos dos máis necesitados en todos os aspectos da vida. Estes foron:

Wangari Maathai
.

Mahatma Ghandi.

Nelson Mandela.

e Tawakkul Karnam.

Nas Presentacións traballouse:

Os temas relacionados co medio ambiente, a sostenibilidade, os bosques, a reciclaxe e o patrimonio inmaterial e industrial.
Así o CEIP de Cabanas centrouse nos muíños de auga e na reciclaxe.
O CEIP Isidora Riestra foi explicando os distintos aspectos da evolución humana dunha forma moi divertida.
O CEIP Campolongo presentou diferentes contidos sobre o río que pasa preto do seu colexio, o Gafos. Entre outros o máis destacado foi, ó igual que o CEIP de Cabanas, o patrimonio industrial con respecto a importancia dos muíños de auga sobre todo despois da chegada do millo das américas.
Logo tamén traballaron o patrimonio inmaterial a través das cantigas elaboradas e cantadas na festa do Magosto que celebran todos os anos e a elaboración de lemas para o fomento da oralidade da lingua galega.
O CEIP San Benito de Lérez mostróunos diferentes fotos das saídas educativas a diferentes ecosistemas , tales como a montaña e costa. Entre outras destacaron as saídas ó Courel e á ría de Pontevedra, onde fixeron diferentes experimentos para un mellor coñecemento dos mesmos.
O IES Luís Seoane agasallounos cun montón de presentacións case todas relacionadas co patrimonio industrial, onde se visualizaron os diferentes temas: Os carpinteiros de riberia, a importancia dos Astaleiros e O Balneario do río Lérez.
Logo tamén presentaron un traballo sobre a problemática da muller, marxinación e malos tratos a través do traballo ?Facer visible o invisible?.
O IES Pazo da Mercé traballou o tema do bosque e a problemática dos incendios forestais.
Os do IES Pedra da Auga impregnaron o congreso coa linguaxe de signo (Yogote) en cinco linguas diferentes: Alemán, Grego, Chino, Suahili e por suposto en Galego.
No Obradoiro de Radio, coordenado pola profesora Inma Peniza, cinco alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato, tamén do IES Pedra da Auga, puxeron en marcha un estudio de radio durante os tres días do Encontro. Ao longo deste tempo, os alumnos foron os xornalistas internos do evento, facendo cuñas radiofónicas, gravacións, entrevistas e todos os elementos para un programa de radio. Entre outras persoalidades, entrevistaron ás coordenadoras das Escolas UNESCO de Galicia e de Andalucía, así como aos alcaldes de Poio e Pontevedra.

O resultado final deste Obradoiro consistirá nun programa de radio que formará a memoria auditiva deste IV Encontro.

Artigos relacionadoS:

Que é a PEA da UNESCO?

Río Gafos. IV Congreso ...

Categoría: UNESCO - Publicado o 11-02-2012 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
Muíños de auga


Excelente traballo feito pola alumna Paloma Otero López durante o curso 20111-12.

Artigos relacionados.

Tipos de muíños.

IV Congreso da PEA da UNESCO.

Descargar Ruta Sendeiro do Gafos.
Categoría: UNESCO - Publicado o 09-02-2012 08:41
# Ligazón permanente a este artigo
Lemas escollidos para o IV Congreso das Escolas Asociadas da UNESCO


- A ignorancia é moi atrevida. Alicia Braña.
- Non hai máis que unha educción. Aroa Gómez Acuña
- Non se trata de ter dereito a ser iguais senón a ter igual dereito a ser diferentes.
- O noso futuro é froito da nosa educación. Patricia Fariña Dapena.
- Ós nenos antes de ensinarlles a ler hai que axudarlles a aprender o que é o amor e a verdade.
- Se non estudas non traballas. Jorge Fernández de Faia
- Debemos educar para a paz. Carlota Olivares Fociños.
- Educade ben ós nenos para non ter que castigar ós homes
- Grazas a educación os pobos e as persoas son máis tolerantes, solidarios e respectuosos entre eles. Alicia Pedrosa Rodríguez.
- A educación é a semente para un mundo mellor. Irene Gómez Tomé.
- A paz e a cultura son o vehículo para a liberdade e a paz mundial.
- A escola primaria é moi importante. Alba Morcillo Castro.
- Os anos na escola reflicten como serás. Paloma Otero López
- Educando ós nosos fillos contruiremos o futuro.
- Atención, non xogar coa educación. Álvaro Portugal Pérez
- Os libros dannos a ciencia e a vida a experiencia. María Rivas Sánchez.
- Cumpre co teu deber aínda que teñas que perder.
- A maior virtude e saber educarse, gobernarse e vencerse a si mesmos.
- Asistir a escola é un privilexio para ós nenos. - Aproveitémola. Ana Núñez Barros.
- Na escola ensináronme a vivir con toleracia, a ser xeneroso e a compartir os meus coñecementos.
- Sen educación non hai futuro. Marcos Vázquez.
- Aprender cada día é un descubrimento marabilloso que debe estar aberto a todos os nenos e nenas do mundo.
- A educación é un dereito non un privilexio, axuda a ensinalo. Martín Moreira Rivas.
- Sen educación non hai futuro. Yaiza Santiago.
- Aprende a divertirte aprendendo cousas, desperta a curiosidade que tes dentro por saber. Lucía Ferrer Doporto.
- Con educación aprendes a compartir, e compartindo dámoslle sentido a vida.
- Se lle dás un peixe a unha persoa famenta aliméntala unha xornada, se lle ensinas a pescar aliméntala toda a vida. Amalia Ferrer Doporto.
- Abride escolas e han pechar ós cárceres. Alberto.
- Non lle des o peixe ó neno, mellor ensínalle a pescar.
- Se o alumno non supera ó mestre, nin é bo o alumno nin é bo o mestre. Jorge Calvo Castro.
- Se les máis a imaxion medra. Carolina Santiago Baqueiro.
- Pola ignorancia descéndese á servidume, pola educación ascéndese á liberdade. Berta Devesa Parcero.
- O verdadeiro poder é o saber. Adriana Ayude Tilve.
- Sementando futuro, sementaremos saber.
- Estudar é vital e divertido. Alejandra.
- A educación é o meu futuro. Diego B. C.
- A educación é ensino. Manuel Rodríguez.
- A educación é a mellor herencia que nos poden deixar os nosos pais. Diego Fariña Lázaro.
- Se queres aprender, ensina. Hugo Calvo Castro.
- Un mundo educado favorece ó respecto ós demais. Paula López Caamaño,
- Educa, crea conciencia e serás libre.
- Coa educación apréndense valores e respecto. Carmen Olmos.
- O colexio é divertido. Laura.
- Gústame aprender cousas novas. Jorge López Gayoso.
- Non hai camiño errado, todos os camiños lévante a un destino, o mellor guía é o coñecemento.
- A mellor herdanza é a educación. José Framil de Paz.
- Educade ós nenos e non será preciso castigar ós homes.
- A educación dáse, recíbese e compártase. José García Balea
- A educación nace e crece con nós, pero non morre nunca.
- O saber non ocupa lugar. Enia Pouseau.
- A edicacíon fainos libres.
- Aprender a aprender é moi importante. Samuel Suárez.
- Excelente mestre é aquel que ensinando pouco, fai nacer no alumno o gran desexo de aprender.
- Educación e persoas.
- Educación, a chave do noso futuro.
- Estudiar es bueno. Daniel García Castiñeira.
- La educación es el futuro de nuestros hijos.
- Educación na casa e na escola. Carmen Miguel García Balea.
- A educación na casa e na escola.
- Onte educáronme, hoxe educo.

- A educación é importante. Carolina F. García
- Con educacion, personas, con personas, futuro.
- La única educación eterna es esta: estar lo bastante seguro de una cosa para atreverse a decírsela a un niño. Iago Iglesias D.

Artigo relacionado:

Citas de educación I
Categoría: UNESCO - Publicado o 01-02-2012 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
Cantigas do Magosto 2011
Categoría: UNESCO - Publicado o 15-01-2012 19:41
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0