Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XXV Congreso Estatal da Rede de Escolas Asociadas á UNESCO


Este ano o XXV Congreso das Escolas Asociadas Unesco foi en Madrid e o lema escollido "Pasión por educar: o traballo en rede para unha innovación educativa".

Por ser o XXV aniversario estivo con nós, entre outras personalidades, a Coordinadora Internaciónal da Escolas Asociadas, a francesa Lidia Saldari.


Nestes congresos expóñense e compártense os diferentes traballos feitos nas diferentes comunidades autónomas do estado español ó longo do curso tanto polos centros de infantil como de primaria, secundaria ou bacherelato.

Entre os diferentes talleres tamén houbos interesantes conferencias, entre elas, unha de Federico Mayor Zaragoza sobre a importancia da educación e a necesidade de liberdade para poder ser e crear.

No peche do congreso, léronse as conclusións dos diferentes obradoiros e as propostas para o vindeiro curso, e para rematar na Asemblea Xeral foi elixida de novo como Coordinadora Estatal por 4 anos máis Ruffina Moreno. Tamén se aprobou o proxecto presentado polo compañeiro e amigo Xabier Prado, de facer unha plataforma internacional (web), onde cada país tería unha poesía na súa lingua materna apoiada coa linguaxe de signos internacional (Yogote). Esta web estaría acompañada por outras plataformas (blogues, web, ...) para poder meter os demais traballos que faga cada país, escola, ... neste formato (Yogote).

Logo en rogo e preguntas, un compañeiro catalán, xunto cun representante de cada comunidade autónoma con lingua propia, fixo lectura dunha queixa común dos ataques que se están a producir nos últimos anos sobre esta linguas, e que están a crear conflictos co obxectivo de minorizar todas as linguas agás o castelán (español). Xa se fixo en Galicia co famoso decreto do Plurilingüísmo, e estase a facer agora nas outras comunidades (Valencia, Cataluña ...).

De Pontevedra fomos ó Congreso os seguintes centros: IES Pedra da Auga (Ponteareas), co traballo de signos internacionais YOGOTE, IES Pazo da Mercé (As Neves), con "As pesqueiras do Miño" e outros, o IES Seone (Monteporreiro-Pontevedra), con "A ruta do azucre", con "Sargadelos", e tamén, en colaboración co CEIP San Benito de Lérez, co "O Balneario do río Lérez". O CEIP Isidora Riestra, especialmente coa "Conserveira de Lourido", entre outros presentados tamén nun mural. O CEIP Cabanas cos "Muíños da Cancela" xunto con outro mural, e o noso, CEIP Campolongo, cos "Muíños de Auga e a súa importancia económica" dentro da sección de Patrimonio Industrial aberta para esta xornada.

Nas fotos pódense ver, entre outras, algúns dos traballos presentados (ainda faltan algunhas fotos por poñer).

Categoría: UNESCO - Publicado o 08-07-2012 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Os muíños de auga e a súa importancia económica


De entre os numerosos traballos presentados polo alumnado do 3º ciclo de primaria do CEIP Campolongo, de Pontevedra (Escola Asociada UNESCO), traballando diferentes temáticas arredor do río Gafos, escollimos este para presentalo dentro de Patrimonio Industrial, no XXV Congreso das Escolas Asociadas á UNESCO, que se celebra este ano en Madrid na primeira semana de Xullo.


Ver o texto sobre a Importancia Económica.


Ver máis na Categoría do Río Gafos.

Artigo relacionados:

XXV Congreso Estatal das Escolas Asociadas á UNESCO
Categoría: UNESCO - Publicado o 14-06-2012 23:21
# Ligazón permanente a este artigo
Xuntanza da Escolas Asociadas á UNESCO
Tarefas pendentes e propostas para traballar o curso que vén ofertadas na xuntanza do pasado venres no CEIP de Cabanas das Escolas Asociadas UNESCO:

1.- Traballar conxuntamente o tema "Auga: fonte de vida" xa que o 2013 será o Ano Internacional.

2.- Traballar en figuras de paz: Irena Slender 3.- Adiantar a celebración do 5º Encontro de nenos e nenas ao 2013, para facerlo coincidir con 60 Aniversario das escolas.

4.- Realizar a elección para a coordinación autonómica na primeira reunión de setembro.

4.- Lembrarlle ás escolas as seguintes cousas:
a) Aos asistentes ao XXV Encontro que leven o certificado do seu centro de estar en activo no curso actual.
b) a todas as escolas que a data límite para a entrega da Memoria Anual é o 15 de xullo, todas as que me entreguedes antes do congreso as entregarei en Madrid, as demais as enviaredes vos mesmos á Coordinación estatal cunha copia para a Autonómica.

Luísa Márquez
Coordinadora Autonómica.
Categoría: UNESCO - Publicado o 14-06-2012 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Tipos de Muíños
Neste curso 2011-12 dentro do Proxecto Atlántico (relacionado coa PEA da UNESCO), estamos e continuamos a traballar o tema da sostenibildade, sensibilizando a toda a comunidade educativa da importancia dos nosos ríos, creando unha categoría para o río que pasa preto do noso cole (Río Gafos), colaborando coa Asociación Vai polo Río, visitando ó Muíño de Cabanas (6ºA, 6ºC), paseando por el, estudando a súa flora e fauna (animais, paxaros e aves), lendo as súas historias, creando contos. Outros contos en Cousas do Cole 2011-12.

Engadimos dentro destes traballos outros relacionados co patrimonio inmaterial (Cantigas do magosto, As árbores da Fraga, A importancia da oralidade ...), e outros relacionados co patrimonio industrial, Os muíños de auga, dos cales deixamos aquí, nas presentacións, algunha mostra.

Xunto cos muíños recordamos tamén a importancia da chegada do millo, traballo este feito no curso pasado.

Algúns destes traballos expuxéronse no IV Congreso Galego das PEA da UNESCO). Xuntamos varios traballos nunha soa presentación e logo subímola a youtube para poñerlle música e facela máis amena con congreso.

Aquí deixamos unha selección de presentacións sobre os "Tipos de muíños" feitas polos rapaces do ciclo superior de primaria.


Máis (traballos varios) en Cousas do Cole 2011-12.

Traballo feito por Ana N.B. (6ºC)


Tipos de Muíños (Jorge C.C. - 6º B )



Tipos de muíños (Juan J.R.A.)



Muíños de auga (Paloma O. L. 6ºC)


Categoría: UNESCO - Publicado o 25-02-2012 08:42
# Ligazón permanente a este artigo
Fomentando a oralidade
From UNESCO


Ver todos os cartazes no vídeo:



Traballo feito polo alumnado de 5º do CEIP Campolongo e preparado para presentar no IV Congreso das PEA da UNESCO durante o curso 2011-12.
O lema escollido, "A educación, si, importa" este ano no congreso é para recordarlle ós nosos políticos que os recortes que se están a facer no ensino poden acarrear serias consecuencias na calidade do ensino.
Categoría: UNESCO - Publicado o 18-02-2012 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -