Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Virxe do Camiño e Eduardo Pondal


Aínda que pareza imposible non o é, por onde pasa o tren é a rúa Eduardo Pondal, por arriba temos a Virxe do Camiño coa Ponte da rúa Peregrina ou case máis coñecida como a "Carretera" ou Estrada de Vigo.
Ó fondo estaría a Estación Vella ou Praza de Galicia (actualmente).
Onde está o paisano hoxe hai un par de árbores, un deles é unha morera.

Outra curiosidade da foto é o muíño de vento. Coido que un dos poucos da cidade. ¿?

Máis fotos.
Categoría: Fotos antigas - Publicado o 19-02-2012 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
O trolebús de Marín a Pontevedra


Dentro deste pequeno vídeo en Inglés, temos algo sobre os trenvías eléctricos.

En Pontevedra, o trolebús, funcionou dende 1943 ata o 1989. Había de un e de dous pisos e facían dous percorridos, un ata Marín e o outro ata Alba (Lérez) pola estrada de Santiago

Categoría: Fotos antigas - Publicado o 09-01-2012 22:28
# Ligazón permanente a este artigo
Estampas pontevedresas




Nestes vídeos pódesen ver os cambios que estiveron a acontecer en Pontevedra durante o século pasado.


O da lingua vai incluído no paquete.
Categoría: Fotos antigas - Publicado o 09-01-2012 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
Estación Vella de Pontevedra
From Fotos Antigas Pontevedra


Antes ó dicir Estación Vella entendíase a Estación do Tren. Hoxe temos nela a Praza de Galicia e o colexio (CEIP) de Campolongo.


Máis
Categoría: Fotos antigas - Publicado o 07-01-2012 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
A Ponte do Tren e a Ponte da Barca en Pontevedra fai 50 anos

Hoxe, a Ponte do Tren xa non existe, quedan as columnas que a sostiñan. Estas intentáronse dinamitar algunha vez pero aínda están ahí.

A Ponte da Barca sufriu algúns cambios pero aínda segue a ser a principal unha das principais pontes de Pontevedra.
Categoría: Fotos antigas - Publicado o 07-01-2012 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -