Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Conselleiro censura e pon condicións ó manifesto do Correlingua
O Conselleiro de Educación chamou ó alcalde de Santiago para que non cedese o palco para o Correlingua por que non lle gusta o Manifesto feito polo CPI de Pontecesures.

Pode parecer normal que non lle guste pero de ahí a actuar censurando algo aprovado polo mesmo Concello de Santiago como é prestar un palco para o evento, coido que se está a pasar.

Nestes tempos van de sobrados e só eles teñen o don do ben e do mal.


Ler o manifesto.


Categoría: Censura - Publicado o 28-03-2012 17:19
# Ligazón permanente a este artigo
Falando da censura en Radio Cornellá
De Radio Cornellá


Este sábado pasado, fun invitado, por medio Xulio Simón, compañeiro do ensino, que colabora co programa radiofónico "Sempre en Galicia" de Radio Cornellá (Barcelona), a participar nunha tertulia, para falar da censura que se está a producir nos centros educativos. O tema saíu a partir dunha denuncia que está preparando o sindicato Comisións Obreiras sobre este tema. A tertulia durou 40 minutos. Se a queres escoitar tes que clicar en "Sempre en Galicia".



A entrevista está relacionado co "Peche do blogue do EDNL do CEIP Campolongo.
Categoría: Censura - Publicado o 09-11-2011 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
Esta é a pancarta prohibida
De Pancarta Prohibida


A nosa pancarta case sae ó mundo por cesárea. Primeiro estivo a punto de ser un aborto. Logo pateou, e armou as de San Quintín , e xa, por fin, podemos vela; pero claro, en fronte da entrada principal do cole, na Praza da Liberdade. Non vai ser que poñéndoa no cole, este perda a categoría de Buque insignia.


Podemos engadir aquí, que fomos 21 mestres os que quixemos pór esta pancarta, só 2 estiveron en contra, e 8 astivéronse.

E no referendo só un estaba "De acordo" coas medidas que está a tomar a Consellería, a maioría (24) estaban en contra.

A miña pregunta é; Coinciden estos datos cos do señor Conselleiro e cos do Señor Presidente da Xunta?

Notas:

1- Ata agora a foto que se utilizou foi a do colexio que está pegado ó noso: EEI Crespo Rivas. Que a pobre durou pouco máis dunha semana (consecuencias da "Guerra de San Quintín"). Pero nós trataremos que dure na retina e na historira Milprimaveras máis.

2- A bandeira galega que hai na imaxe é unha que debuxou Castelao, nela pon, "Denantes mortos que escravos"
Categoría: Censura - Publicado o 08-11-2011 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
Taboleiro antes e despois da censura
De Censura


Loxicamente, despois de lerme a cartilla, como o que hai aqui posto foi posto "sen consultar" nin ó Coordinador do EDNL nin o Equipo Directivo, pois saqueino para que prime a desisformación, e poidan eles utilizalo ó seu pracer.

Cando estaba sacando preguntáronme que estaba facendo. Dixen cumprir órdenes.

Pode alguén vivir deste xeito nun centro?


De Censura


Este vídeo, xa de antano, pode vir a conto con esta situación.


Categoría: Censura - Publicado o 06-11-2011 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Efecto dominó en temas de censura
A imaxe-texto que ves abaixo foi unha nova censura que tivo estos días un compañeiro dun instituto no seu blogue. Este non se podía ver nos centros da rede corporativa da Xunta (ten unha categoría chamada "TramPPas da Xunta"). Dende logo andan un pouco esquizofrénicos. Eu non deixo de estar abraiado, pois están mesturando landras con castañas, ou se o queredes en castelán, churras con merinas. Non se che ocurra falar mal desta xente que axiña podes ter problemas. No seu blogue remata explicando que despois de denunciar o feito as autoridades competentes, e o cabo de tres días, soluciona o problema. Seica foi un "erro automático" dos servizos informáticos. Hai coincidencias que cheiran mal (semella que todo comezou por apoiar a un compañeiro polo problema do peche por censura do blogue de Dinamización (antes normalización) Lingüística do CEIP Campolongo (ver comentario 37 do artigo)


Engado tamén que na Xuntanza /III Asemblea Anual) da CGENL do 5 de novembro deste ano, unha compañeira preguntou por que non se podía ver o blogue da Coordinadora no seu centro. Hai que dicir que a esta coordinadora de mestres naceu ó abeiro da imposición do Decreto 79/2010 sobre o Galego.

Deixovos aquí a carta que lle mandou o compañeiro ó Faro de Vigo. A verdade é que moveu Roma con Santiago para aclarar o tema.

Da Censura de Franco á de Jesús Vázquez




O artigo onde explica todo chámase "David contra Goliath: Crónica de una censura anunciada".

Bótalle unha ollada a este vídeo que xa vén de antano.





Categoría: Censura - Publicado o 04-11-2011 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -