Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

25 de xullo. Día da Patria Galega


Outra versión máis simpática para este día.... e para todos.


Categoría: Celebracións - Publicado o 24-07-2012 15:36
# Ligazón permanente a este artigo
Centenario Celso Emilio Ferreiro


Celso Emilio Ferreiro Míguez, nado en Celanova o 6 de xaneiro de 1912 e falecido en Vigo o 31 de agosto de 1979, foi un escritor e político galeguista. Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores.[1] Foille adicado o Día das Letras Galegas de 1989.
Categoría: Celebracións - Publicado o 24-05-2012 06:27
# Ligazón permanente a este artigo
XVIII Cross Escolar CEIP Vilaverde Mourente



A pesar da ameaza da choiva celebrouse a XVIII carreira (cross) do CEIP Vilaverde-Mourente.
Do colexio Campolongo temos que destacar, primeiro a ampla participación con 36 alumnos/as, case todos de primaria, agás 2 de infantil.

Este ano volvemos a consequir varios podiums, tres primeiros postos, un deles en ciclo superior, con Guillermo B. A. como triple campión, pois é a terceira vez que acada este posto nas tres tempadas que competiu; outro primeiro posto foi para Marta B. S., de 3º de primaria, gañadora do Ciclo Medio, e o terceiro foi para Daniel G., campión no grupo do 1º ciclo.

Logo tivemos varios cuartos e quintos postos.

Podemos dicir que foi un éxito tanto de particación como de premios.

Noraboa a todos pola carreira.

Categoría: Celebracións - Publicado o 21-04-2012 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
Entroido de Sanxenxo a Portonovo
Categoría: Celebracións - Publicado o 27-02-2012 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
Entroido 2012 en Vilagarcía de Arousa. Cor Café.
From Entroido Vilagarcia 2012 Grupo Cor Café


Ver vídeo da comparsa Cor Café




A comparsa de Pontevedra "Cor Café" co Tema de "Africa Goron Goron" gaña no apartado de grupos en Vilagarcía de Arousa. Comentar que todo saíu bastante ben agás, para min, a entrega de premios, onde unha das organizadoras do evento xunto coa "Concelleira de Cultura" déuselles por facer cultura en castelán e non en galego. Xa non saben usar a palabra Entroido. Incluso máis dunha vez traducía, unha delas, ó castelán, o que tiña escrito en galego (algúns nomes dos grupos). Un aplauso para "la speaker" dicía o cantante do grupo que amenizaba a entrega de premios poñendo voz de "sudaka".

Cal é a cultura que se está a fomentar?

What a pity!



Ver todas as fotos da comparsa Cor Café.

Fotos dos entroidos vilagarcianos.

Video de todo o percorrido (34`).

Artigos relacionados:

Vídeo co a coreografía de Cor Café en Redondela.

Fotos dos entroidos de Redondela (poucas).

Entroido en Pontevedra.
Categoría: Celebracións - Publicado o 22-02-2012 00:54
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -