Gala´s Blog


Blog de Gala das Esferas
Ola!
Nacín en Barcelona e desde os 14 anos resido en Vigo.
Desde 1996 impartin clase en varios centros públicos da provincia de Pontevedra.
Estudiei Maxisterio e Psicoloxía;fixen os cursos de doutoramento e na actualidade estudio Publicidade e Relacións Públicas.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS

A TECNOLOXÍA, A PLÁSTICA E A MÚSICA
Parece que a idea de alguén da Consellería de Educación é reducir en máis dun 40% as horas de Tecnoloxía, Plástica e Música na Educación Secundaria Obrigatoria como secuela da aplicación da nova Lei de Educación (LOE).
Por outra banda auméntanse as horas de Matemáticas e do segundo idioma estranxeiro. Ou sexa, haberá que "dominar" en Galicia 4 idiomas: castellano, galego, 1º idioma e 2º idioma e para aumentar a dificultade, en vez de fomentar a aplicación práctica das matemáticas, é dicir a TECNOLOXÍA, desaparece do Primeiro Ciclo de ESO.
Tanto a Música como a Plástica son materias eminentemente prácticas e que adoitan gustar ao alumnado. De feito son eles mesmos os que piden a continuidade destas materias ao longo do Primeiro Ciclo.
Personalmente, resúltame totalmente absurdo o plantexamento da nova Secundaria, ao igual que o invento ise do "proxecto interdisciplinar".
Asociación de Profesores de Música de ESO e BACH de Galicia
Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia
Galicia Hoxe
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-03-2007 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Hoxe, 11 de marzo de 2007
Monumento 11 Marzo 2007


















PRESENTACIÓN
Vaia, non o fixen a propósito, pero precisamente hoxe, na tráxica data do 11 de marzo escomeza a andaina deste blog.
Penso expresar a miña opinión sobre o meu pequeno mundo: a docencia, Galicia, etc.
Gustariame contar coa vosa participación e sobre todo coa sinceridade de quen me lea.
Biquiños e un soriso de
Gala
Fotogaleria do 11 marzo 2007
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-03-2007 22:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal