Gaivotas eternas


Ás veces
Ás veces, soño contigo,
coa túa aura de escuridade,
brilando como a lúa.

Ás veces, soño contigo
e, no silencio das sabas,
deséxote ó meu carón.

Ás veces, amada Morte,
soño e desexo a túa presenza
ata os límites
que a loucura me deixa...
e, nesta tolemia,
bico os teus beizos,
durmo no interior do teu manto,
acompaso a miña respiración
co teu corazón
sen latidos.
Os lectores din... (2) - Categoría: Poesía - Publicado o 05-09-2009 15:53
# Ligazón permanente a este artigo
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal