Gaivotas eternas


Xa non
Escollín a tenrura
por un día inmersa
no valeiro do mar
inmenso.

Escollín o lume
cego de noite e día,
duplicado, mentido,
agonizando
na cova do lagarto.

Escollín fuxir
porque quedarme xa non conta
perde o senso
da fuxida,
rompe as reglas,
espanta as tornas.

Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 30-07-2010 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
Revivindo
Exhalación de intranquilidade inaudita, atropela a fogueira dos teus bicos; circula coma vento da morte ó redor de pedras incandescentes, lamendo as notas musicais dun fráxil ser.

Dous membros, dúas persoas cubertas pola sombra dunha árbore xigantesca, de flores e follas cuberta. Tantea algún momvemento, elixe ben os teus xogos, rompe os meus pesadelos. Sei que aínda se pode ser feliz. Nembargantes, a busca dunha destrucción retórica apaixoa máis. Non é tan doado vestirse de negro e desexa-la morte, ¡busquémo-la con cores alegres!

¿Recoñéce-lo meu nome? Axudei ás flores a crecer entre cinzas, escombros recuperados de camiños empedrados, musgo, líquenes e fiunchos, e as espiñas da razón rozando beizos perdidos que non queren recuperarte. Imos limpa-las túas feridas, a curalas con barro e sementes.

Agasallareite cun ramo de rosas. Despois, déixame.
Paraíso escondido ós demais dentro de cidades desertas, con xentes que veñen e marchan, rexidas por normas que se propoñen e non se queren cumplir.

Coma di o vello poeta "ámame cando máis te odie porque será cando máis te necesite".
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 11-07-2010 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal