Gaivotas eternas


Suave ar de mencer
Convertinme en aire
nun serán de melancolía
...e morriña.

Convertinme en suspiros
de mencer
...para fuxir coas gaivotas.

Convertinme en pluma
e papel
...para sinar no sol.

Convertinme en palabras
de vento
...e fuxín coa lúa.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 21-04-2009 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
Necesito do silencio
Escribo porque necesito
do silencio,
da embriaguez parva
da razón
cansa.

Escribo porque necesito
da luz
que fuxe polas mans
ó antollo das palabras.

Escribo porque necesito
da oración
en sabiduría vella
transformada.

Escribo buscándote
nos recordos do presente,
nos beizos
das lembranzas.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 15-04-2009 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Di
Dime, Ti que sabes,
onde bulir,
como facer,
onde xogar
coas contas correr.

Dime, Ti que me acompañas,
hacia onde
topa-los pasos
que foron meus,
que se convertiron noutros
que se perderon
na inquedanza.

Dime, Ti que nunca abandonas,
qué facer se as
miñas mans quedaron agarrotadas
na area da praia;
qué facer cando xa non quero
pensar,
se estou farta de sentir,
qué facer coa dor do son do silencio.

Axúdame a respirar...
eu soa non podo, xa non.
Os lectores din... (0) - Categoría: Pedaciños de ialma - Publicado o 15-04-2009 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
Deixa
Deixa que esta noite sucumba á tristeza,
á tristura amarga
que vén do máis interno da
ialma.

Deixa que esta noite morra
nos seus beizos
palabras que nunca dixen
e que foron desexadas.

Deixa que esta noite
aprete a amargura,
rompa forte
a loita que aquí dentro continúa
e poda dicir "xa terminou"
por fin
rematou o inferno
da vida non desexada.

Deixa que fuxa co vento
a loucura
amarga
da tristura eterna
da morte afogada.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 15-04-2009 08:36
# Ligazón permanente a este artigo
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal