Gaivotas eternas


Orballo
Cúbrese a noite con gotiñas,
vístese de frío orballo,
lame na praia as cunchiñas,
suspira inquedo, namorado.

Vóltase néboa de luz
ou luz de néboa
baixo as farolas a rúa,
esquece a escuridade,
suspira e marmuria.

Pinguiñas de emoción
desvanecida,
perdida no tempo lonxano
das lembranzas
en plena fuxida.

Vístese a alma co orballo,
pintando sorrisos húmidos
nos ollos cansos.
Os lectores din... (3) - Categoría: Poesía - Publicado o 26-03-2011 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
Soñaba
Soñaba que viaxaba
a través de nubes grises,
que voaba
con ás roubadas;
soñaba que te necesitaba
e perdía a miña identidade,
desfacéndose a alma
na cova das mentiras
e a irrealidade.

Soñaba que a vida era soño
e non facía por vivila
realmente;
soñaba co que debería ser,
co que non daba pasado,
fuxindo nas ensoñacións
a unha mentira ben labrada.

Asulagada pola propia fantasía,
abrín os brazos ó ceo,
sendo consciente de pisa-lo chan
ben lonxe do inferno
e gritei pola miña liberdade,
non soñada,
pero sí desexada,
necesitada.

Gritei ata que a gorxa esnaquizada
só podía rir
en marmurios de prata.
Libre, á fin,
libre, ceibe,
ceibe das cadeas da miña propia mente!
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 21-03-2011 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Gonzalo
Estás aquí,
intentando falar
con sons musicais,
loucura e curiosidade.

Estás aquí,
andando polo mar,
capaz dos imposibles
desexando voar.

Estás aquí,
cheo de ledicia,
de tormentas espido
tolo de fantasías.

Estás aquí
e non dou crédito
ós teus olliños transparentes
de sinceiridade de neno.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 19-03-2011 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
Voltar ó pesadelo perdido
É coma voltar a soñar co mesmo,
co que nunca foi, co que nunca será,
é coma un remuíños sobre a alma,
é coma unha bofetada fóra de tempo,
sen senso, nas costas, na boca,
na sinrazón rexeitada.

É coma chegar fóra de horario,
é coma sentir que xa non é,
é coma mirar no espello
e non verse,
é coma...
é coma...
é coma perderse
nos versos dun poema inacabado.

E sentir, outra vez, sentir
unha vez máis que xa non son nada,
porque nunca fun, porque nunca serei,
xa non son...
Os lectores din... (5) - Categoría: Poesía - Publicado o 17-03-2011 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
Os teus ollos
Teñen os teus ollos
unha ollada perdida
chea de dozura
e templanza;
unha vestimenta
cristaíña
que fai vibra-la
alma.
Teñen os teus ollos
unha profundidade
infinita,
semellan lagoas
africanas
cubertas de espesura
tépeda e húmida.
Teñen os teus ollos
a lembranza
de tempos que sempre
foron cando xa pasaron
e presentes desexados
de mares, ríos,
océanos, lagos;
presentes que desexan
ser recordados,
vivir na vida
dunha gaiola con portas
e como barrotes,
mil abrazos.
Teñen os teus ollos
a invitación malvda
de quedar ó teu lado
e, así, acurrucadiña
ó teu carón,
perdernos na dozura
de seres parte dun
mesmo corazón
con diferentes camiños.
Teñen os teus ollos
o vértigo dos acantilados,
quero afogarme nesas ondas
de grandiosos océanos,
asulagada cos teus bicos,
rendida ós teus beizos.
Teñen os teus ollos
a sabiduría dos tempos,
a aprendizaxe continua
de saberse parte dunha vida
chea de oscuridade,
sumida en sombras
de profunda soedade.
Teñen os teus ollos
a chave escondida
que abre as portas
da miña loucura
e esta sana ledicia.
Teñen os teus ollos
a calor das miñas verbas
cando soña contigo
e grita ós mil ventos:
quérote con loucura
e, nesta tolemia parva,
non imaxinas canto é iso,
canto te quero.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 15-03-2011 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
Na cova
Adéntrase o mar
na cova dos soños,
vai, bule que bule, a roubar
un bico durmido e cariñoso.
Sae a modiño para non espertar
á fada recostada na area,
que segue a durmir sen máis,
que dá á volta, que se despereza,
e volta a durmir no ar
do mundo máxico
da cova convertida no seu fogar.
Os lectores din... (1) - Categoría: Poesía - Publicado o 13-03-2011 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
Choiva
Gotiñas de choiva
sobre os tellados durmidos;
gotiñas de choiva
caen, fan remuíños;
gotiñas de choiva
repitequean con asubíos,
gotiñas de choiva
na miña alma, no vento
nun recordo esquecido.
Os lectores din... (5) - Categoría: Poesía - Publicado o 12-03-2011 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
De pel morena
Devecen as miñas mans
pola túa pel morena,
caen, acarician,
suavemente aman.

Achéganse os meus dedos
á túa boca húmida,
xoga e salta,
pellizcan os teus beizos,
comen da froita prohibida.

Caen os meus beizos
sobre a túa boca durmida,
xoga, busca,
lame,
sinte a paixón aturdida
e, xoga que te xoga,
líase nas sabas frías.

Pérdese o alento
entre suspiros
e marmurios,
fai danzas o vento
no ventre da choiva,
no fuxir da tormenta,
no pracer da maldade
sen arrepentimento.

Os lectores din... (4) - Categoría: Poesía - Publicado o 10-03-2011 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
Estrelas
Cando o corazón
fai por escapar,
os soños desaparecen
voltándose pesadelos
de nunca espertar;

cando a respiración
faise esgotadora,
os ollos se pechan
por respiración desgarradora,
os pés deciden fuxir co vento.

Entón, as sombras
convírtense en noite,
o ceo cúbrese de estrelas,
o frío faise vida,
a vida deixa de ser inferno.

Entón, somos coma un lazo
que funde os pés na terra
e os ollos iluminan
tal como as estrelas
no universo.

Estrelas de maxia azul,
de blancas sombras no universo,
non quero soños esta noite,
nin cartos nin novo amor
nin pozo dos desexos,
quero a vida para ser vivida,
a ledicia de sentir a pel
respirando consciente
a cada paso,
tan só quero a liberdade
de sentirme viva.
Os lectores din... (2) - Categoría: Poesía - Publicado o 09-03-2011 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
Beizos
Asoma á túa boca
un sorriso malva,
con dentes perlados
que a esconder xogan
a lingua furtiva.

Asoma entre teus beizos
a luxuria disfrazada,
sorrinte e tenra,
que desexa o corpo,
que rompe a alma.

Voltas as perlas
húmidas coa túa lingua,
quero perderme entre elas,
abrir paso coa miña.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 08-03-2011 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal