Gaivotas eternas


Gritar
Gritar, chillar, chorar.
Esnaquiza-la gorxa
mentres berro.

Suspirar, espirar, morrer.
Finxir que nada pasa
mentres vivo.

Agonizar, gritar, toulear.
Sentir que o cansanzo
se fan un no mesmo corpo.

Ata-la alma ó imposible.
Serra-lo corazón de madeira podre.
Araña-lo corpo con vidros romos...

e
gritar,
gritar,
¡¡gritar!!
Os lectores din... (2) - Categoría: Poesía - Publicado o 18-02-2010 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
Con bágoas de sangue
Enxaguáche-las miñas bágoas
no sinfín das estrelas,
onde a paisaxe ondea
velas de barcos atrapados.

Vivíche-la miña alma
na vida eterna,
onde as flores do aire
cambiaron á terra.

Sentíche-la miña dor
de corazón con espiñas,
entre silvas e disfraces
de rumores mornos
sen vida.

Loitáche-las miñas armas
nunha guerra perdida,
que non pediches,
que non quixeches,
que se te veu enriba.

Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 01-02-2010 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal