Gaivotas eternas


O mirar no espello
Espertas un día e xa non hai sono… nin soño. Póusa-las mans no mármore, contémpla-los ollos no espello e sabes que deixaches de loitar porque xa non ten senso.
Gritas e choras unha rabia que xa non te pertence; afúndeste nun vacío de escuridade e areas movedizas. O teu corazón indiferente nin se deixa levar nin se plantexa se loitar.
Porque agotaches, agotáche-las túas forzas nunha batalla inútil, da que xa coñecía-la fin e coa que te empeñaches en sufrir. Pero, non por gusto ni pracer, simplemente porque nunca tivéche-la opción de rir…
Agarrótanse os cristais do espello contra os teus puños pechados e os teus ollos asulagados xa nin pensan en durmir.
Os lectores din... (0) - Categoría: Pedaciños de ialma - Publicado o 06-02-2009 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal